Conversa na aula:
-Mestra: Ímonos convertir en ilustradores, que vos parece?
-Alumnado: Xenial!!
-Mestra: Xa que fumos ver a exposición de Joana Costa podemos colorear estas imaxes que fixo ela. Pero temos un problema: a fotocopiadora so me fixo dez copias. Chegan para todos?
-Alumnado: Non, non chegan. Nós somos moitos!!!
-Mestra: Entón como podemos facer?
-Alumna: Xa sei! Podemos compartir!
-Todos (entusiasmados): Siiii, que boa idea! Compartimos!
-Mestra: Vale, deixádeme calcular...temos un debuxo para cada dous
-Alumna: Fantástico! Así podemos traballar por parellas
E partir deste diálogo tan fácil (pero á vez tan complicado) eles mesmos consensuaron as parellas e comezaron a traballar!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario