domingo, 27 de septiembre de 2015

Risa, a nosa tartaruga


Vaia sorpresa! O xoves, o Señor Patas Brancas deixounos na aula ao seu amigo tartaruga. Si, si, unha tartaruga de verdade.
Sen pensalo máis propuxemos nomes, as opcións eran moitas: Pedro, Pepe, Ninja, Tobi, Mario, Zampa,...pero, o nome elexido por votación foi RISA. Así que, teremos que coidala moito para que se sinta ben na nosa aula...parece que lle gustamos porque non deixa de observarnos mentras traballamos!




O señor Patas Brancas


E, por fin, podedes coñecer á nosa mascota! O debuxo elexido foi o do noso compañeiro Hugo, o seu cempés está agora convertido en boneco, para acompañarnos na aula.
Despois de ter pensado varios nomes, decidimos facer unha votación e...a nosa mascota chamarase SEÑOR PATAS BRANCAS!
Este cempés, vainos acompañar durante todo o curso para axudarnos cos proxectos que realicemos, daranos bos consellos e, sobre todo, será o noso amigo!

Visita á exposición de Joana Costa

ILUSTRADOR/A é un artista gráfico que mellora a expresión escrita facendoo traballos plásticos ou debuxos relacionados co texto.
Canto melloran os textos acompañados de fermosos debuxos!!!!

Para de saber máis desta fermosa profesión os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil e 4º de Primaria fomos ver unha exposición, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, de Joana Costa, unha ilustradora portuguesa.



 Imos!!!!!!
  

miércoles, 23 de septiembre de 2015

Comeza o outono


Hoxe, 23 de setembro, demos a benvida ao outono estampando con follas secas, que recollimos o curso pasado, para o que empregamos as cores desta nova estación.

sábado, 19 de septiembre de 2015

Programa estimulación da linguaxe


Durante este curso, a profe Thais (especialista en Audición e Linguaxe) vai visitarnos todos os venres para poñer en marcha un programa de estimulación de linguaxe. Con isto, veremos favorecido o desenvolvemento da compresión e produción lingüística, así como a detección e prevención de posibles alteracións lingüísticas.
Onte tivemos a primeira sesión e...foi todo un éxito! Que ben o pasamos! Xa estamos desexando que sexa venres de novo para que Thais nos siga sorprendo cos seus contos e xogos.
Aquí vos deixo un video co conto do gusano para que poidades seguir practicando na casa.

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Os aros olímpicos.

Por fin descubrimos que eran eses círculos de cores que nos recibían no corredor da entrada!
Chámanse aros olímpicos e de aquí partimos para poñer en marcha o tema proposto pola biblioteca escolar durante este curso: Os Xogos Olímpicos. As nenas e os nenos de Infantil imos investigar máis polo miúdo os xogos celebrados en Barcelona no ano 1992.
Polo momento, nós estivemos preparando...

sábado, 12 de septiembre de 2015

Novo curso, nova mascota!

Xa estamos de volta, con moitas ganas de aprender!!
O primeiro día na aula, vimos algúns cambios pero o que máis nos sorprendeu e que a nosa mascota Nuba xa non estaba...deunos moita pena. Aínda así, algún compañeiro animounos: "nós xa somos da clase de catro, Nuba ten que axudar aos pequeniños!", "ou quizás se fora de viaxe a Nubaris", dixo outro.
Mentras esperamos noticias de Nuba, ocurríusenos CREAR a nosa propia MASCOTA para a aula, así que puxémonos a imaxinar e cada un debuxou a súa mascota ideal. Despois, colocamos os debuxos na alfombra e pegamos unha pegatina no que máis nos gustaba, fixemos o reconto de votos e...xa temos nova mascota!!
A vindeira semana poñeremos a súa imaxe no blog, aínda temos que pensar o seu nome!
De momento, aquí nos tedes debuxando, observando e elexindo...