sábado, 28 de febrero de 2015

Plantación

Dentro dun mes daremos a benvida á primavera, así que en infantil queremos ter todo preparado para a súa chegada. Por iso, comezamos xa coa plantación de bulbos e sementes no xardín do cole. Que contenta se vai poñer a nosa mascota Marela cando vexa todo isto!!
Aquí nos tedes moi atentos á explicación de Nacho...canto nos ensina!!






E ponémonos mans á obra!!






Preme aquí para descubrir o que fixeron os maiores do cole

Enviamos cartas

Esta semana escribimos unhas cartas para as nosas familias. Graciñas a Alberto, o noso conserxe e pai do noso compañeiro Alejandro, que nos levou as cartas ata o buzón para que o carteiro puidese facer o seu traballo.
Aquí nos tedes preparándoas!!









martes, 24 de febrero de 2015

domingo, 15 de febrero de 2015

Festival Entroido

E por fin chegou o día!! Vestidos coma eses pequenos seres mitolóxicos que atopamos nos bosques, trasnos e fadas desfrutamos do Festival de Entroido no cole

























Preme aquí para ver máis imaxes do Entroido no cole

Máscaras

Para festexar o Entroido elaboramos estas máscaras tan coloridas


miércoles, 11 de febrero de 2015

O meco pide...

Esta semana estamos seguindo os mandatos do Meco, coroas de froitas, colares de flores, uns calcetíns ben altos...nótase que se achega o Entroido!!
Graciñas, unha vez máis, ás familias pola vosa colaboración e implicación.