viernes, 16 de octubre de 2015

Sen palabras...

Conversa na aula, no día de hoxe durante a asemblea:
-Eu: Téñovos que contar unha cousa xenial! Os nenos e as nenas de 4ºB déronme unha sorpresaza!!! Gustoume taaaaanto que acabei chorando...
-Nena: Por que choraches, Rocío? Lastimácheste?
-Eu: Non, non me lastimei. Hoxe chorei de alegría...
-...

Velaquí o motivo da miña ledicia...
MAIO 2012

OUTUBRO 2015

Máis de tres anos separan estas imaxes...
Cando coñecín a estes nenos e nenas apenas sabían coller un pincel e, hoxe, son capaces de crear verdadeiras obras de arte.
Recolleron nun mural os seus debuxos e poesías adicados a min, á súa profe de Infantil...asombroso!
Graciñas, profe Rosa, por facer isto posible...

Conseguistes sorprenderme, emocionarme, marabillarme...conseguistes deixarme sen palabras...
Unha vez máis contaxiastesme ca vosa enerxía.
Sabedes? Adórovos de aqui á Lúa...ida e volta




















2 comentarios:

  1. Que bonito!!
    Para emocionarse, Noraboa a estes artistas e a profe Rocío ( un agasallo ben merecido)!!!

    ResponderEliminar
  2. Que bonito!!
    Para emocionarse, Noraboa a estes artistas e a profe Rocío ( un agasallo ben merecido)!!!

    ResponderEliminar