domingo, 31 de mayo de 2015

A primavera de Julio!!


Todos os días, despois do recreo do comedor ou despois dunha activiade de moito movemento, temos un tempo de VOLTA Á CALMA. Neste momento, intentamos calmarnos e relaxarnos, principlamente, a través da música.
Gústanos escoitar a Mozart, Beethoven, Vivaldi... e agora, tamén nos encanta escoitar a Julio, papá da nosa amiga Jana. O venres veu a nosa aula e tocou o seu clarinete para nós, sorprendunos tocando a primavera de Vivaldi e moitas outras cancións! E incluso, nos deixou tocar o clarinete e axudarlle a limpalo!
Moitíiiiiiiiiisimas gracias, Julio!!!!!!!!

lunes, 25 de mayo de 2015

Saída Vilagarcía

O pasado día 22 de maio, todos os nenos e as nenas de Educación Infantil realizamos unha saída a Vilagarcía de Arousa, ata aquí chegamos en tren dende Santiago. Despois de coñecer o concello no seu tren turístico subimos a unha zodiac para visitar a Illa de Cortegada. Un lugar fermosísimo no que os guías nos contaron as historias do pirata Maravaca e a súa árbore máxica. Tamén realizamos algunha que outra obra de arte cos elementos naturais que atopamos na praia.
Sen dúbida, foi un día cheo de boas emocións, vivido con moita ilusión!!!!

Saída Vilagarcía by Slidely Slideshow

Cumple mes de Maio


No mes de maio estivo de cumple o noso compañeiro Miguel. Pasámolo xenial festexando o seu día!

sábado, 16 de mayo de 2015

Letras Galegas 2015


O 17 de maio é o Día das Letras Galegas e nós, no cole, xa festexamos este día con moita música. Primeiro, cantamos na Biblioteca Escolar con Moncho Do Orzán, que nos ensinou moitos instrumentos tradicionais galegos. Despois, escoitamos tocar varias pezas aos nosos compañeiros para rematar cantando todos xuntos o himno galego, escrito por Eduardo Pondal.
Podes premer aquí para ver o ben que o pasamos!!

lunes, 11 de mayo de 2015

"Comparticontos 2015"


Como ven sendo tradición no cole, conmemoramos o Día do Libro cos COMPARTICONTOS.
Nesta actividade os nenos e as nenas maiores do cole cóntannos e dramatizan contos, e nós escoitamos moooooi atentos!! Como nos gusta ver aos nosos compañeiros  transformados en velliños, gatos, fadas, e moitas máis personaxes dos nosos contos preferidos,...que ben o fixereon!!
Pasámolo fenomenal!!

jueves, 7 de mayo de 2015

Mural primavera


Mentras esperamos  que chegue o maio florido e fermoso, na aula elaboramos un mural cuns animais aos que lles encanta voar!
Primeiro, debuxamos un círculo e punzámolo para ir engadindo os detalles: ollos, ás, pico...Despois decidimos que os tiñamos que colocar nunha árbore, e así o fixemos pintándoa con rodillos.
Para rematar,  decoramos con acuarela un refrán que estamos aprendendo estes días...
Pero, o que máis nos gustou foi sacar fotos cos nosos amigos!!

miércoles, 6 de mayo de 2015

Vermes de seda




Hai uns días, a profe trouxo á aula uns oviños mooooooi pequeniños. Díxonos que deses ovos ían saír vermiños, pero nós non o tiñamos moi claro...mirabamos un día, e outro día pero alí non acontecía nada de nada....
Descubrimos que aos animaliños que saen dos ovos encántalles a calor. Así que, despois de dialogar un bo rato, chegamos a un acordo: puxemos a nosa caixa enriba do radiador.
E cal foi o resultado? Por fin se animaron a saír catro vermiños, que contentos nos puxemos! Son tan pequerrechiños que case nin se ven.
Agora temos que coidalos moi ben para que medren  e se convirtan en fermosas bolboretas!!

Concerto Susa Herrera



Hoxe pasámolo xenial bailando con Susa Herrera!

viernes, 1 de mayo de 2015

Canción primavera

Estamos aprendendo unha canción sobre a PRIMAVERA, aquí nos tedes cantándoa por se queredes seguir practicando na casa...os debuxos das flores fixémolos nós empregando distintas técnicas.

Xeometría na natureza


Hai uns días recibimos unha carta de Marela que podes ler premendo aquí. Nela solicitábanos que buscasemos formas xeométricas na natureza pero nós aínda non coñecemos moitas, pero isto non nos impedíu atopar un montón de formas distintas nun paseo que dimos despois de comer, polas paisaxes do cole...e non só atopamos círculos, cadrados e triángulos, tamén vimos letras e,incluso, avións!!


xeometría na natureza 3 anos by Slidely Photo Gallery
Aproveitamos tamén a poesía de Marela para crear flores con círculos e máis círculos empregando o pincel.

Cumples mes de Abril


Neste mes tivemos de cumple a tres amigos: Rubén, Vera e Jana. Foi un día do máis doce e se non nos credes so tedes mirar que tarta de chuches comemos...riquísimaaaaa!