Xa coñecimos a varios dos seus amigos, pero esta semana Juanita atopouse cunha bolboreta con moita paciencia. Aquí tedes algunhas das ideas que os nenos e as nenas dixeron en diáologo, saben moito de paciencia, mirade, mirade....
-Se a miña mamá está facendo a cena e teño moita fame espero tranquilamente
-Cando vou ao pediatra e o médico está mirando a outro neno, eu xogo un pouco por alí hasta que me chame.
-Cando dúas mamás están falando non lle podemos tirar da chaqueta, temos que esperar a que rematen de falar para que nos miren
-O outro día no cole tiven paciencia porque tiñamos que estampar cas follas do outono e esperei a que me tocara o meu turno
-Eu sei esperar cando quero un xoguete que ten outro neno, pídollo por favor e xa sei que mo vai deixar cando remate.
-Poi eu non teño nada, nada, nada de paciencia. Non me gusta esperar taaaaanto!!
-Ai! Eu penso que a que máis paciencia ten é a bolboreta cando está dentro do capullo, pero mirade que bonitiña saiu
Impresionantes reflexións, verdade?
Ben, agora tan só nos queda poñelo e práctica...aínda que xa non o facemos nada mal.
De momento, estivemos dramatizando como pode estar un vermiño antes de convertise en bolbereta
No hay comentarios:
Publicar un comentario