lunes, 22 de diciembre de 2014

Festival Nadal 2014: Son un trasno!!

O pasado 19 de decembro vivimos un montón de sensacións: nervios, alegría, sorpresa, algún que outro medo, pero sobre todo, moita moita ilusión.
Pola mañá cediño, veu visitarnos Papá Noel cargado de plátanos para a nosa merenda!!




Ás 11:30 por fin chegou o momento que tanto tempo levamos agardando. Todos vestidos de verde, colocamos os nosos gorros puntiagudos, puxemos cara de enfadados para convertímos en TRASNOS, e a bailar!!!

















                                     





Para rematar, outra enorme sorpresa, os Reis Magos trouxéronnos caramelos!!


Aquí vos deixo  un anaco da nosa actuación  (á volta de vacacións buscarei algún vídeo onde se nos vexa bailar a todos e todas) e a canción do trasno para que a poidades bailar na casa!!



The English Book Club

Todos os martes a mediodía, despois de comer, algúns nenos e nenas de 3º, 4º e 5º,  formaron un club de lectura en inglés promovido pola Biblioteca Escolar do Centro en colaboración cunha nai do Centro.
Os que comemos no comedor tivemos a sorte de poder escoitalos. Thank you very much!
Podes premer aquí para ver máis ou aquí e aquí para escoitar os contos que nos contaron





miércoles, 17 de diciembre de 2014

Murais de inverno

Aquí tedes o resultado do traballo realizado en familia. 
Unha paisaxe de inverno cuns abetos moi orixinais!! Graciñas pola vosa colaboración!!

 Tamén vos deixo a imaxe do traballo en equipo, que ensinamos nunha entrada anterior, para desexar unhas boas festas!!

Trasno

Seguindo co traballo de mitoloxía proposto dende a Biblioteca Escolar fixemos estes trasnos coa pegada dos nosos pés, para felicitar o Novo Ano!! PUNZAMOS o gorro e DEBUXAMOS as partes da cara, mans e pernas.
Tamén agasallamos aos nosos profes cun trasno, como nos gusta sorprendelos!!!!

sábado, 13 de diciembre de 2014

Panxoliña



Algo especial acontece cando oímos cantar e, se quen canta é unha das nosas mamás, isto convírtese nun momento MÁXICO!!
Para seguir traballando o tema do corpo e alimentación achegouse a nosa aula Lourdes, a mamá de Martín. Ela é mestra no noso cole, pero tamén é unha excelente poetísa!!! Escribiu unha PANXOLIÑA para cantala con nós!!

Nesta panxoliña xúntanse un montón de alimentos así que, ademáis de cantar, trouxonos pan, mel e queixo para saborear...mmmmm, que rico estaba todo e que doce era a mel!!
Graciñas Lourdes, conseguiches engaiolarnos a todos!!!