domingo, 26 de abril de 2015

As emocións

Cada día somos máis conscientes das nosas propias emocións e das accións que contribuen a que estemos tristes ou contentos. A empatía é algo que leva  tempo adquirir, pero nós xa imos por moi bo camiño. Somos os máis pequenos do cole pero xa sabemos que se alguén chora podemos abrazalo para alivialo e calmalo...e moitas veces o facemos por iniciativa propia!!
Verbalizar as nosas sensacións non sempre nos resulta doado, para ir aprendendo a facelo practicamos coa nosa expresión facial!

Aquí nos tedes, a profe formulounos varias sensacións e nós poñíamos a cara de....
LEDICIA

MEDO

SORPRESA!

ABURRIMENTO

QUE SUSTO!

TRISTEZA

ENFADO



E, para rematar....CARA DE PEIXE jejejeje!
Somos peixes!


Día do Libro

O día 23 de abril estivemos coñecendo a Don Quijote e a Sancho Panza. Aínda nos costa un pouquiño entender as súas aventuras, pois en vez de muiños vía xigantes....como dixo unha nena da aula: "ai, ai ai! é que este Don Quijote fai unhas cousas..."




sábado, 25 de abril de 2015

Xornadas Plan Proxecta 2015


Marela está contentísima!! Varios profes do cole participaron nas "Xornadas do Plan Proxecta 2015" onde relataron a experiencia que están poñendo en práctica co Proxecto Sustentabilidade e Paisaxe!
Noraboa a toda a Comunidade Educativa polo voso apoio e colaboración. O hurra! máis forte vai para o alumnado, xa que sodes vós o motor que move este traballo, seguide así!

"Moita xente pequena, en lugares moi pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo"
Eduardo Galeano

Aquí están os profes no relatorio

martes, 21 de abril de 2015

Recanto natureza


Xa levamos uns días observando o alpiste que sementamos. Puxémolo en terra nuns vasos transparentes, o que nos permitiu ver como medraban as raíces a medida que a pranta saía da terra. Tivemos moito coidado en regalas e telas nun lugar con moita luz...sorprendeunos ver como as nosas herbas buscaban a luz do Sol, aínda que as cambiaramos de sitio elas terniman mirando cara a ventá da nosa aula.
Marela estivo contentísima no noso recanto da natureza con tanta herba.


sementes 3 anos by Slidely Photo Gallery

Sementamos patacas

Os nenos e as nenas de Educación Infantil estiveron botando patacas no horto con Ignacio, que ademáis de axudarnos, tamén nos contou algunha propiedade medicinal deste tubérculo. Cando teñades ardor de estómago comede un bocadiño de patata e curaredes nun plis, plas! Sorprendente!

Agora tan só nos queda agardar que as nosas patacas medren moito!


Patacas 2015 by Slidely Slideshow

lunes, 13 de abril de 2015

Usamos as tesoiras!!

A nosa destreza manual vai avanzanso día a día, así que hoxe, tivemos o noso primeiro contacto coas tesoiras!!
Despois, de falar dos perigos que pode ter o seu uso e de deixar ben claras as normas para poder empregalas...puxémonos mans a obra!! Primeiro recortamos libremente sobre papel de xornal e, logo, intentamos seguir a liña e...conseguímolo case todos!! O noso primeiro traballo coas tesoiras serviunos para facer unhas fermosas flores para adornar a porta da aula.

















martes, 7 de abril de 2015

Chega a primavera!!

O que máis nos gusta da primavera son as súas flores!! E mentres non nacen as do noso xardín, nós imos decorando a aula de mil cores!!
Hoxe, estivemos traballando en grupo para crear estas flores e bolboretas para decorar as ventás. Fixémolas colocando papel celofán sobre uns debuxos feitos en fundas para plastificar, unha vez que tivemos os papeliños ao noso gusto pasámolo pola plastificadora e...tachán!!!









Tamén creamos unha paisaxe de mar xunto a un campo de xirasois e algunha margarida