A nós, tamén nos gusta moito iso de sementar, e ver o que pasa...Así que, puxémonos mans á obra, estos son os pasos que seguimos:
-Primeiro observamos, ulimos, tocamos, coñecimos as sementes.
-Dividímonos en grupos para sementar e collimos un vasiño de plástico e algodón
-Colocamos o algodón no fondo do vaso
-Metemos dentro do vaso catro sementes
-Poñemos outro trociño de algodón enriba das sementes
-Regamos
-Escribimos o nome das nosas sementes para non esquecernos do seu nome: xudías, lentellas, fabas, millo e garavanzos
-Colocadas nun lugar con luz, agora so nos queda coidalas moito.
Irémosvos contando a súa evolución
No hay comentarios:
Publicar un comentario