sábado, 28 de noviembre de 2015

Cumples novembro

...e xa temos todos 4 anos!!! Como imos medrando!!
Non vos podedes perder o ben que o pasamos nos cumples do mes de novembro.
Unha estupenda merenda, música e...a bailar!!

Radio Arzúa

Esta semana, unha representación do alumnado interviu en radio Arzúa para falar do traballo que realizamos nos Programas do Plan Proxecta nos que participamos no cole. Foi unha experiencia xenial! E como dixeron os máis peques do cole...esto da radio parace algo máxico...falamos por un micro e escoitannos os papás e as mamás na casa!! Incrible, non si?
Se ti tamén queres escoitalos preme na imaxe

sábado, 21 de noviembre de 2015

Día do neno

Estes días o cole encheuse de nenos e nenas agarrados da man para recordar os nosos dereitos!!


Cartel Miniolimpíadas



Dentro do Proxecto Xogade, estamos preparando as "Miniolimpíadas do Ceip de Arzúa" e na aula de catro anos, ademais de entrenar coa profe Noelia na hora de psicomotricidade, elaboramos un mural para o acontecemento. Cóntovos un segredo?? As profes tamén nos axudaron cos últimos detalles. Graciñas!!

Plantamos con AMARAI

O pasado martes tivemos a sorte de contar coa axuda de membros do centro AMARAI (Centro de Recursos para persoas con discapacidade). Eles prepararon o terreo e nós plantamos buxo para conseguir un cercado natural nun dos xardíns do cole. Como nos gusta o traballo en equipo!

Experimentamos con plantas

Seguimos experimentando coas plantas
Esta semana coamos os perfumes (podes recordalo premendo aquí) e, ulindo ulindo, chegamos a unha conclusión: o que máis nos gusta é a lavanda e a laranxa.
Tamén fixemos un experimento para entender como se alimentan as plantas. Metimos unha flor en auga tintada de azul e esta foi a cara que se nos quedou cando descubrimos que absorbeu a auga dende o talo ata os pétalos...cambiaron de cor!

Relax....

"...Roci, ponnos algo de música que nos temos que relajar"
Et voliá...



viernes, 13 de noviembre de 2015

Cris!


Hoxe, rematou as súas prácticas a profe Cris!! 
Unha e mil veces gracias por ensinarnos tanto e noraboa pola teu traballo e ilusión!!
Botarémoste un montón de menos!!

Soplo

Vaia sorpresa!! Por fin descubrimos para que pintamos os rolos de papel!!
A profe Thais converteunos en dragóns. 
Para ser coma o Dragón Pepón só temos que coller aire pola nariz, soplar pola boca mooooi forte, e conseguiremos botar lume pola boca!



Os xirasois


Sabiades que as plantas non só están na terra? Tamén están nos cadros!!!
Nós atrevémonos a pintar co pincel os famosos Xirasois de  Van Gogh...
Así o fixemos: un talo verde, un círculo para o polen e uns pétalos estampados cun tenedor.Xeniais!

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Plantas que curan

Gracias as nosas familias estamos aprendendo un montón de plantas que curan.
Queredes coñecelas?
Ollade!

Plantas que curan from rociofernandezfer

Ademais de cubrir estas fichas, as familias trouxeron ao cole plantas para observar, tocar, ulir,...e incluso para plantar!! GRACIÑAS!!
ALOE VERA

Tipos de plantas


A profe Cris explicounos que hai distintos tipos de plantas: árbores, arbustos e herbas. 
Aquí nos tedes buscándoas polos xardíns do cole, observando as súas partes e buscando semellanzas e diferenzas. Canto aprendemos!!

Guppys

Hai uns cantos días vimos un acuario no cole. Os nenos e as nenas de cuarto estiveron preparando este ecosistema acuático e, hoxe, nós puidemos engadirlle un elemento fundamental: os guppys. Ademais destes peixiños tamén vimos caracois acuáticos, lentellas acuáticas...agora, seguiremos atentos a súa evolución.
Graciñas Ignacio e Juanjo pola vosa axuda e por ensinarnos taaaantas cousas!!!

Magosto 2015


O pasado luns, festexamos o magosto no cole. Como estamos aprendendo moitas cousas sobre os Xogos Olímpicos de Barcelona´92, coloreamos a COBI para decorar os nosos cucuruchos.
Pero non só comemos castañas asadas, tamén xogamos ao trompo. Mirade, mirade!!

domingo, 8 de noviembre de 2015

A bailar!!!

Canto bailamos na clase de música...esta vez, ao ritmo do grupo Mamá Cabra.
Graciñas, profe Mary, por facérnolo pasar taaaaan ben!!!

Concerto Samaín


O pasado venres bailamos ao rítmo da música de Luís Vallecillo. Preme aquí para ver máis

Como nacen as plantas?


Seguimos aprendendo un montón de cousas sobre as plantas!! Gracias aos títeres da profe Cris, descubrimos que as plantas non só nacen a través das sementes que nós plantamos, tamén poden ser transportadas por animais, poden vir polos ríos, polo vento e, en algunhas ocasións a través dunha "explosión" que ten lugar na planta.

Bandeiras das sedes olímpicas


Durante este curso, cada nivel está estudando unha sede olímpica. Como sabedes, ao alumnado de educación infantil tocounos investigar sobre Barcelona´92. Así que, tivemos que facer a bandeira do país onde se atopa esta sede, España, para colocala nun mapa mundi, que pouco a pouco  se irá enchendo e que nos axudará a ubicar os distintos países.


martes, 3 de noviembre de 2015

Facemos perfume

Hoxe, empregamos o sentido do olfato para comprobar que as flores e algunhas herbas ulen fenomenal...así que, decidimos facer perfume con elas.
Primeiro, partimos as plantas en anacos pequenos dentro dun morteiro. Engadímoslle un pouco alcohol e machacámolas ben.
Metimos a mezcla nun tarro de cristal...agora toca esperar dúas semanas para que repouse...
Seguirémosvos contando o que pasa...

Medrando...

Seguimos observando que pasa coas sementes que puxemos nos vasiños. Vai sorpresa!! Xa lle saíron as raíces e os garavanzos teñen, tamén, un pequeno talo. Algo lle pasou ás xudías porque non medraron nadiña...algúns nenos pensan que puido ser porque tiñan moita auga.
Xa rexistramos nunha táboa o tempo que tardaron en ter raíces...nada máis e nada menos que 7 días, pero isto non remata aquí!!! Continuaremos coidándoas e observándoas.