sábado, 20 de junio de 2015

martes, 16 de junio de 2015

Os vermes comezan a tecer


E por fin, despois de moito esperar dous dos nosos vermiños comezaron a tecer e tecer para constuir o seu casulo.
Non os imos poder ver transformados en bolboreta antes de que acabe o cole, así que estade moi atentos ao blog para poder velos



sábado, 13 de junio de 2015

Cumples: xuño, xullo e agosto

O día de cumples a festa está asegurada!! Así que este venres tocou festaza, pois tiñamos a sete compis con coroa: Brais S., Yago, Andrea, Antía, María, Alejandro e Alba.

O libro do meu nome

Xa case todos conseguimos escribir o noso nome!! Unha das moitas actividades que realizamos para avanzar no coñecemento do noso nome, na súa grafía e coñecemento das letras foi este libro. Pero, o que máis nos gustou foi estampar as letras, e aínda que hai un montón, recoñecimos moi ben as nosas!! Mirade, mirade!



III Peque-Xogos de primavera

Cando chega a primavera, no cole comezan os campionatos deportivos para todo o alumnado. E nós, aínda que estamos comezando a coñecer as normas, tamén queremos participar...encántanos xogar!!
Así que, ataviados coas camisetas que nós mesmos debuxamos, trasnos, sereas e unicornios, estivemos a xogar cos demais peques de infantil!
Pasámolo xenial!! Preme aquí para vernos en acción!

As cereixas


Esta semana, desfrutamos da cuarta semana de Froita no cole para a merenda. Investigamos sobre as propiedades das cereixas e compuxemos un cartel para telas ben presentes...pero, sen dúbida o que máis nos gustou foi comelas!

Os crebacabezas

Durante este trimestre traballamos no recanto da lóxico matemática, entre outras cousas, cos crebacabezas...é fantástico ver como estes nenos e nenas van gañando, pouco a pouco, máis e máis habilidade para realizalos!!
Preme aquí para ver os benificios deste xogo
E se non me credes mirade que caras de concentración!!


Crebacabezas by Slidely Photo Gallery

Preguntoño 2015

O venres 5 de xuño realizamos unha saída xunto con todos os compis do cole. Como ven sendo tradición emprendemos camiño ata Preguntoño, onde desfrutamos dunha romaría.
Unha xornada na que desfrutamos da paisaxe, da música e do baile!


Camiño Preguntoño by Slidely Slideshow

sábado, 6 de junio de 2015

Ponlle as pilas ao teu bocata


A través do programa Alimenta-T Ben!, organizaouse no cole a actividade "Ponlle as pilas ao teu bocata", así que cada neno e nena elexiu os ingredientes para facer un bocadillo con alimentos de mar e de terra...estaban riquísimos e aportáronnos un montón de enerxía!







martes, 2 de junio de 2015

Xogando

O xogo é a principal actividade de aprendizaxe para os nenos e as nenas, é básico para o seu desenvolvemento mental e emocional. Ofrécelles a posibilidade de facer, de explorar, de manipular... favorecendo habilidades sociais, mentais e físicas.

Nós, neste curso, evolucionamos un montón no noso xogo sendo cada vez máis cooperativo, organizado e estructurado. Así que....A XOGAR!!