viernes, 30 de enero de 2015

Cumple mes de Xaneiro

O noso amigo Hugo estivo hoxe de cumple!! É o primeiro en apagar a candea do número 4
Así de ben o pasamos festexando o seu aniversario!!
















Día da Paz



No Día da Paz quixemos recordar o sudecido estes días en Francia na revista "Charlie Hebdo". Por isto, o alumnado de todo o cole decorou un LÁPIS POLA PAZ, xuntos cantamos para conmemorar o Día e agasallar aos nosos compañeiros e compañeiras coas nosas creacións...cargadas de ledicia, deporte, axuda, paisaxe, cooperación, froita, solidariedade, mitoloxía e de moito, moito respecto.

En infantil, fixemos unhas variñas máxicas pois sabemos moitos de trasnos e fadas...





















 Así de contentos estabamos cos lápis que nos fixeron os outros nenos do cole!!












miércoles, 28 de enero de 2015

A cor amarela

Hoxe, a cor amarela estaba por todas partes...mirade todo o que atopamos buscando e rebuscando entre os materiais da aula!!






O número 2

Aínda que todos os números están presentes en moitos momentos do día na aula, neste trimestre imos aprender máis polo miúdo o NÚMERO 2.
Xa todos sabemos asociar este número a súa cantidade, así que hoxe dedicámonos a traballar sobre a súa grafía para poder recoñecelo cando o vemos escrito. Para isto, a profe debuxounos un montón de números 2 no encerado para que todos o borráramos co pincel mollado en auga...parecía cousa de maxia ver como desaparecía!! Pero sabedes o máis importante? Con esta actividade tan divertida, conseguimos interiorizar a direccionalidade para realizar o trazo deste número.