sábado, 28 de marzo de 2015

Saída ao Centro de Divulgación da mel

Para finalizar o tema dos animais e as plantas achegámonos ao Centro de Divulgación do Queixo e da Mel de Arzúa, onde aprendimos un montón de cousas novas sobre as abellas...onde viven, que flores lles gustas, como fai o apicultor a mel... Tamén elaboramos unha candea con cera de abella e degustamos a rica mel...encántanos!!

Saída Centro Divulgación MEL by Slidely Slideshow

Aquí tedes un video que vimos antes de realizar a saída e nos serviu para ir coñecendo a estes pequenos animais.



Se buscades a serie "La vaca hace mu" atoparedes vídeos de outros animais, tamén moi interesantes!

miércoles, 25 de marzo de 2015

Coidamos o noso carballo

Hoxe pola tarde estivemos cambiando o noso carballo para un maceteiro máis grande. E sabedes o que descubrimos? O carballo estaba moi agarradiño a terra por medio da RAÍZ e sírvelle para alimentarse...increible!!








A bici

No noso patio temos un montón de BICICLETAS, pero hoxe aprendimos cousas novas que non sabiamos, gracias a José Manuel que pertence ao Clube de ciclismo de Arzúa. El ensinounos unhas bicis moi antigas que non se parecen nada ás nosas, sinalounos cales son as súas partes e falounos do importante que é a seguridade.
Despois de escoitalo, debuxamos unhas bicis para recordar todas as súas partes e....casi casi as sabemos todas!!







Concerto na biblioteca

Vaia sorpresa nos prepararon os nenos e as nenas de 5º...ofrecéronnos un concerto en directo!!! Co que nos gusta a nós escoitar música e ver os instrumentos de cerca!! Bravo para os músicos por facernos pasar tan bo rato!!

Concerto biblioteca by Slidely Slideshow

1ª Semana da froita

Aquí tedes algunha imaxe da primeira semana de froita!Mmmmmm...riquísima!! Pero ademáis de comela, tamén aproveitamos para facer uns imáns con amorodos para decorar os nosos frigoríficos!

Froita by Slidely Photo Gallery

viernes, 20 de marzo de 2015

A tartaruga Rocío

As nenas e os nenos de 5º do cole teñen unha mascota na aula, a tartaruga Rocío...sí, Rocío, chámase igual ca profe!
Pois ben, os nosos compañeiros deixáronnos a súa tartaruga para poder tocala ou vela de cerca, pois algún tiña medo de que lle mordera o dedo. Despois dun ratiño, comprobamos que non nos mordía, encántalle pasear e nadar e pensamos que lle gusta estar na nosa aula porque non se escondeu no seu caparazón. Mirade, mirade!!!

























Información animais e plantas

Unha vez máis, teño que darvos as grazas ás familias pola vosa colaboración!! Cada vez que solicito a vosa axuda volcádesvos dun xeito incríble...sodes xeniais!!
Mirade que cariñas de ilusión cando os nenos e as nenas trouxeron da casa contos, películas, bonecos,..sobre os ANIMAIS e as PLANTAS. Agora, tócanos investigar  na aula para aprender máis cousiñas destes temas.