sábado, 19 de diciembre de 2015

Nadal Rock!

Despois de recibir a visita  de Papá Noel bailamos un rock con moita enerxía!!
 Mirade, mirade!!

Tamén nos podedes ver con máis detalle...

Saímos na tele!!

Que emocionante!!
O pasado mércores unha reporteira e un cámara da televisión de Galicia estiveron no cole para explicarlles o noso traballo no Proxecto de Paisaxe!!
Nós, contámoslles como fixemos o experimento con flores para cambiar a cor dos pétalos, os perfumes e o papel reciclado. Encantounos contarlles todo o que aprendimos!!
Se queres vernos no programa "Boas tardes" preme aquí e olla o vídeo a partir de 1:33:40

Acivro

Hai uns días fixemos unhas folliñas de acivro para decorar o corredor do cole!!
Como non coñeciamos esta árbore, buscamos unha imaxe en internet para ver como era e saímos ao patio do cole en busca dalgunha igual. Esta foi a cara que se nos quedou cando descubrimos un acivro no xardín...vaia ilusión!

Bolas nadal


Este ano decoramos o escenario para o Fetival de Nadal con bolas de cores. Como estamos aprendendo un montón de cousas sobre os xogos olímpicos eleximos as cores dos aros olímpicas, na aula fixemos a de cor negro.

miércoles, 16 de diciembre de 2015

Sorpresa!!

Vaia sorpresa nos deu a profe Rosa!!!
Regalounos un ovo do que vai saír, nada máis e nada menos que un dinosaurio!!!!
Metímolo en auga e agora....temos que agardar para ver o esperado nacemento.
GRACIÑAS ROSA!




Tarxeta

Despois de reciclar papel fixemos estas tarxetas para felicitar o ano novo

Aros olímpicos

Este Nadal encheuse das cores dos aros olímpicos!
Graciñas a todas as familias pola vosa colaboración...unha tarefa familiar xenial!!

jueves, 10 de diciembre de 2015

Papel reciclado


Hoxe, tivemos unha visita moi especial!! Mónica, nai da nosa amiga Aroa, veu a aula para ensinarnos a reciclar papel!! Moitísimas gracias por axudarnos tanto, agora xa sabemos como aproveitar todos eses papeliños que nos sobran das nosas actividades!!! Encantounos que estiveras un ratiño con nós!!
Se vós tamén queredes facer o voso papel reciclado na casa só tedes que seguir os pasos que vedes nas imaxes!!

sábado, 5 de diciembre de 2015

Abeto

Que ben o pasamos pintando co pincel!!!

Soplo

O venres, encheuse a aula de folerpas de neve, así que tivemos que soplar e soplar para limpar as pista de esquí.
Animádevos a seguir practicando na casa!!!

Historia de una hoja

Durante estos días estuvimos aprendiendo la poesía "Historia de una hoja" del libro Versos Vegetales.
Así de bien la escribimos!!

sábado, 28 de noviembre de 2015

Cumples novembro

...e xa temos todos 4 anos!!! Como imos medrando!!
Non vos podedes perder o ben que o pasamos nos cumples do mes de novembro.
Unha estupenda merenda, música e...a bailar!!

Radio Arzúa

Esta semana, unha representación do alumnado interviu en radio Arzúa para falar do traballo que realizamos nos Programas do Plan Proxecta nos que participamos no cole. Foi unha experiencia xenial! E como dixeron os máis peques do cole...esto da radio parace algo máxico...falamos por un micro e escoitannos os papás e as mamás na casa!! Incrible, non si?
Se ti tamén queres escoitalos preme na imaxe

sábado, 21 de noviembre de 2015

Día do neno

Estes días o cole encheuse de nenos e nenas agarrados da man para recordar os nosos dereitos!!


Cartel Miniolimpíadas



Dentro do Proxecto Xogade, estamos preparando as "Miniolimpíadas do Ceip de Arzúa" e na aula de catro anos, ademais de entrenar coa profe Noelia na hora de psicomotricidade, elaboramos un mural para o acontecemento. Cóntovos un segredo?? As profes tamén nos axudaron cos últimos detalles. Graciñas!!

Plantamos con AMARAI

O pasado martes tivemos a sorte de contar coa axuda de membros do centro AMARAI (Centro de Recursos para persoas con discapacidade). Eles prepararon o terreo e nós plantamos buxo para conseguir un cercado natural nun dos xardíns do cole. Como nos gusta o traballo en equipo!

Experimentamos con plantas

Seguimos experimentando coas plantas
Esta semana coamos os perfumes (podes recordalo premendo aquí) e, ulindo ulindo, chegamos a unha conclusión: o que máis nos gusta é a lavanda e a laranxa.
Tamén fixemos un experimento para entender como se alimentan as plantas. Metimos unha flor en auga tintada de azul e esta foi a cara que se nos quedou cando descubrimos que absorbeu a auga dende o talo ata os pétalos...cambiaron de cor!

Relax....

"...Roci, ponnos algo de música que nos temos que relajar"
Et voliá...



viernes, 13 de noviembre de 2015

Cris!


Hoxe, rematou as súas prácticas a profe Cris!! 
Unha e mil veces gracias por ensinarnos tanto e noraboa pola teu traballo e ilusión!!
Botarémoste un montón de menos!!

Soplo

Vaia sorpresa!! Por fin descubrimos para que pintamos os rolos de papel!!
A profe Thais converteunos en dragóns. 
Para ser coma o Dragón Pepón só temos que coller aire pola nariz, soplar pola boca mooooi forte, e conseguiremos botar lume pola boca!



Os xirasois


Sabiades que as plantas non só están na terra? Tamén están nos cadros!!!
Nós atrevémonos a pintar co pincel os famosos Xirasois de  Van Gogh...
Así o fixemos: un talo verde, un círculo para o polen e uns pétalos estampados cun tenedor.Xeniais!

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Plantas que curan

Gracias as nosas familias estamos aprendendo un montón de plantas que curan.
Queredes coñecelas?
Ollade!

Plantas que curan from rociofernandezfer

Ademais de cubrir estas fichas, as familias trouxeron ao cole plantas para observar, tocar, ulir,...e incluso para plantar!! GRACIÑAS!!
ALOE VERA

Tipos de plantas


A profe Cris explicounos que hai distintos tipos de plantas: árbores, arbustos e herbas. 
Aquí nos tedes buscándoas polos xardíns do cole, observando as súas partes e buscando semellanzas e diferenzas. Canto aprendemos!!

Guppys

Hai uns cantos días vimos un acuario no cole. Os nenos e as nenas de cuarto estiveron preparando este ecosistema acuático e, hoxe, nós puidemos engadirlle un elemento fundamental: os guppys. Ademais destes peixiños tamén vimos caracois acuáticos, lentellas acuáticas...agora, seguiremos atentos a súa evolución.
Graciñas Ignacio e Juanjo pola vosa axuda e por ensinarnos taaaantas cousas!!!

Magosto 2015


O pasado luns, festexamos o magosto no cole. Como estamos aprendendo moitas cousas sobre os Xogos Olímpicos de Barcelona´92, coloreamos a COBI para decorar os nosos cucuruchos.
Pero non só comemos castañas asadas, tamén xogamos ao trompo. Mirade, mirade!!

domingo, 8 de noviembre de 2015

A bailar!!!

Canto bailamos na clase de música...esta vez, ao ritmo do grupo Mamá Cabra.
Graciñas, profe Mary, por facérnolo pasar taaaaan ben!!!

Concerto Samaín


O pasado venres bailamos ao rítmo da música de Luís Vallecillo. Preme aquí para ver máis

Como nacen as plantas?


Seguimos aprendendo un montón de cousas sobre as plantas!! Gracias aos títeres da profe Cris, descubrimos que as plantas non só nacen a través das sementes que nós plantamos, tamén poden ser transportadas por animais, poden vir polos ríos, polo vento e, en algunhas ocasións a través dunha "explosión" que ten lugar na planta.

Bandeiras das sedes olímpicas


Durante este curso, cada nivel está estudando unha sede olímpica. Como sabedes, ao alumnado de educación infantil tocounos investigar sobre Barcelona´92. Así que, tivemos que facer a bandeira do país onde se atopa esta sede, España, para colocala nun mapa mundi, que pouco a pouco  se irá enchendo e que nos axudará a ubicar os distintos países.


martes, 3 de noviembre de 2015

Facemos perfume

Hoxe, empregamos o sentido do olfato para comprobar que as flores e algunhas herbas ulen fenomenal...así que, decidimos facer perfume con elas.
Primeiro, partimos as plantas en anacos pequenos dentro dun morteiro. Engadímoslle un pouco alcohol e machacámolas ben.
Metimos a mezcla nun tarro de cristal...agora toca esperar dúas semanas para que repouse...
Seguirémosvos contando o que pasa...

Medrando...

Seguimos observando que pasa coas sementes que puxemos nos vasiños. Vai sorpresa!! Xa lle saíron as raíces e os garavanzos teñen, tamén, un pequeno talo. Algo lle pasou ás xudías porque non medraron nadiña...algúns nenos pensan que puido ser porque tiñan moita auga.
Xa rexistramos nunha táboa o tempo que tardaron en ter raíces...nada máis e nada menos que 7 días, pero isto non remata aquí!!! Continuaremos coidándoas e observándoas.




viernes, 30 de octubre de 2015

Samaín 2015


E por fin chegou o día!!! A bruxa Catuxa veu visitarnos para lernos un contiño. Nós, en agradecemento, cantámoslle algunhas cancións...e debéronlle gustar porque nos deu unhas larpeiradas para todos.

Para que sirven as plantas?

A profe Cris, ensinounos que se poden empregar as plantas para moooitas cousas: para decorar, para facer mobles, para facer perfumes, para curar, para comer...
Seguiremos investigando sobre isto!!!


miércoles, 28 de octubre de 2015

Obradoiro cociña Samaín


Hoxe, tivemos unha xornada de festa: contos, cancións e, como non...comida!
E nós, como somos moi larpeiros pasámolo xenial! Cociñamos arañas e pantasmas...estaban riquísimos, mmm!!
Graciñas, profe Cris, por esta sorpresa!!!



Monstros

Outras das personaxes que nos dan sustos neste Samaín, son os monstros,
Aínda que xa sabemos que só viven nos contos, quixemos deixar voar a nosa imaxinación e crear uns simpáticos mostros para recibir á bruxa Catuxa e sorprendela cando nos veña ler algún do seus contos.
Estamos desexando que chegue!!

Aínda nada?

A profe Cris, contounos o conto "Aínda nada?" no que o señor Luís plantou unha semente e esperou, e esperou, e esperou e....

A nós, tamén nos gusta moito iso de sementar, e ver o que pasa...Así que, puxémonos mans á obra, estos son os pasos que seguimos:
-Primeiro observamos, ulimos, tocamos, coñecimos as sementes.

Canción Los Esqueletos

Estes días,  tamén estamos traballando o Samaín na clase de música, ca profe Mary.
Aquí nos tedes convertidos en esqueletos...que meeeedoooo...

sábado, 24 de octubre de 2015

Saída Avifauna


Todo o alumnado de Educación Infantil realizamos unha saída a Avifauna.
Que ben o pasamos!! Descubrimos un montón de aves que descoñecíamos e vimos outras que soamente tiñamos visto nos contos ou en películas como o moucho, a avestruz..., pero onte tivemos a oportunidade ata de cantarlles algunha canción!