viernes, 30 de octubre de 2015

Samaín 2015


E por fin chegou o día!!! A bruxa Catuxa veu visitarnos para lernos un contiño. Nós, en agradecemento, cantámoslle algunhas cancións...e debéronlle gustar porque nos deu unhas larpeiradas para todos.

Para que sirven as plantas?

A profe Cris, ensinounos que se poden empregar as plantas para moooitas cousas: para decorar, para facer mobles, para facer perfumes, para curar, para comer...
Seguiremos investigando sobre isto!!!


miércoles, 28 de octubre de 2015

Obradoiro cociña Samaín


Hoxe, tivemos unha xornada de festa: contos, cancións e, como non...comida!
E nós, como somos moi larpeiros pasámolo xenial! Cociñamos arañas e pantasmas...estaban riquísimos, mmm!!
Graciñas, profe Cris, por esta sorpresa!!!



Monstros

Outras das personaxes que nos dan sustos neste Samaín, son os monstros,
Aínda que xa sabemos que só viven nos contos, quixemos deixar voar a nosa imaxinación e crear uns simpáticos mostros para recibir á bruxa Catuxa e sorprendela cando nos veña ler algún do seus contos.
Estamos desexando que chegue!!

Aínda nada?

A profe Cris, contounos o conto "Aínda nada?" no que o señor Luís plantou unha semente e esperou, e esperou, e esperou e....

A nós, tamén nos gusta moito iso de sementar, e ver o que pasa...Así que, puxémonos mans á obra, estos son os pasos que seguimos:
-Primeiro observamos, ulimos, tocamos, coñecimos as sementes.

Canción Los Esqueletos

Estes días,  tamén estamos traballando o Samaín na clase de música, ca profe Mary.
Aquí nos tedes convertidos en esqueletos...que meeeedoooo...

sábado, 24 de octubre de 2015

Saída Avifauna


Todo o alumnado de Educación Infantil realizamos unha saída a Avifauna.
Que ben o pasamos!! Descubrimos un montón de aves que descoñecíamos e vimos outras que soamente tiñamos visto nos contos ou en películas como o moucho, a avestruz..., pero onte tivemos a oportunidade ata de cantarlles algunha canción!


Concurso de cabazas

Xa temos preparado un recuncho no corredor de Infantil para encher de cabazas realizadas en familia...estamos desexando ver as vosas creacións!!

Proxecto tartarugas

Rematado xa o proxecto sobre as tartarugas, deixámosvos unha pequena mostra do noso traballo en papel.



Vampiros

Os vampiros, outro dos personaxes que vemos nestes días de sustos pois....achégase o Samaín!
Cóntovos un segredo? Nós xa sabemos porqué os vampiros teñen a boca manchada de cor vermella...seica lles encantan os espaguetes con salsa de tomate...

Blog Departamento de Orientación

Dende o  Departamento de Orientación do cole, creouse o blog NAPACOMPORTA, ao que podedes acceder premendo aquí. Nel teredes información relativa á intervención das familias nos problemas de condutas infantís. Non dubides en visitalo e deixar os vosos comentarios!!
Deixovos un vídeo de Carles Capdevila que recomendan na súa primeira entrada

miércoles, 21 de octubre de 2015

Tempo de cabazas




Debuxa, recorta e pega: un círculo laranxa, uns ollos, nariz, boca, dentes, unha pouca herba e xa terás lista a túa cabaza, mira como as fixemos nós.

martes, 20 de octubre de 2015

Cumple Outubro


Hoxe, compartimos unha merenda estupenda para festexar o cumple da nosa amiga Noa. Parabéns!!

Benvida, Cristina!!

Aquí nos tedes, felices, con Cristina!!! Vai estar con nós durante uns días para ver como aprendemos, ela está estudando moito para ser mestra...pero para nós xa o é!!
Benvida!!

viernes, 16 de octubre de 2015

Sen palabras...

Conversa na aula, no día de hoxe durante a asemblea:
-Eu: Téñovos que contar unha cousa xenial! Os nenos e as nenas de 4ºB déronme unha sorpresaza!!! Gustoume taaaaanto que acabei chorando...
-Nena: Por que choraches, Rocío? Lastimácheste?
-Eu: Non, non me lastimei. Hoxe chorei de alegría...
-...

Velaquí o motivo da miña ledicia...
MAIO 2012

OUTUBRO 2015

Máis de tres anos separan estas imaxes...
Cando coñecín a estes nenos e nenas apenas sabían coller un pincel e, hoxe, son capaces de crear verdadeiras obras de arte.
Recolleron nun mural os seus debuxos e poesías adicados a min, á súa profe de Infantil...asombroso!
Graciñas, profe Rosa, por facer isto posible...

Conseguistes sorprenderme, emocionarme, marabillarme...conseguistes deixarme sen palabras...
Unha vez máis contaxiastesme ca vosa enerxía.
Sabedes? Adórovos de aqui á Lúa...ida e volta

A técnica da tartaruga

Durante estes días estamos aprendendo un montón de cousas sobre as tartarugas!!
Risa, ensinounos unha técnica fantástica para tranquilizarnos nos momentos de enfado. Nós xa estamos comezando a poñela en práctica, e vós queredes probar?

Tamén descubrimos que as tartarugas teñen esqueleto, igual ca nós!! Como non entendiamos moi ben como era eso dos ósos, coñecimos a Pepe o esqueleto do cole, e chegamos á conclusión que sen ósos seriamos todos como un "gusano...blandiño, blandiño"

Aquí vos deixo un vídeo que vimos na aula sobre as tartarugas

Visitanos a xoaniña

Os nosos amigos e amigas de cinco anos dérennos unha enorme sorpresa!!! Atoparon unha xoaniña. Estivemos tocándoa e mirándoa ata que saíu voando. 
Contámosvos un segredo, nos cremos que era Juanita, a xoaniña que nos axuda a pensar..veu coñecernos!!!


sábado, 10 de octubre de 2015

AAA Corre la voz


O pasado xoves, o nenos e as nenas de sexto curso do cole tiveron oportunidade de coñecer a labor de AAA (Asociación Española de Adolescentes y Adulto Jóvenes con Cáncer)
Esta Asociación está levando a cabo un proxecto chamado "CORRE LA VOZ", no que un grupo de compañeiros do ámbito sanitario fixo o Camiño correndo, dende Madrid ata Santiago, para explicar o seu traballo en cada unha das etapas.
A nós, os máis peques do cole, tamén nos gustou esta iniciativa e quixemos compartir con eles un trociño da súa carreira, unha carreira cargada de emocións, de forza, de ánimo, e de moita, moita unión!
Graciñas, aos rapaces de rapazas desta Asociación por deixarnos ter participado con eles!
Unha experiencia xenial!

Que fai ruido?

A profe Thais ensinounos a diferenciar o ruído do silencio, e vós sabedes o que está sonando?

Saída outono

Aproveirando que o xoves fixo un bo día, puxémonos en marcha, acompañados de Marela e Marelo, cara ao Castro Curbín. Foi unha xornada do máis agradable na que puidemos observar os cambios na paisaxe coa chegada do outono, o noso recanto da Natureza na aula xa está cheiño de novos materiais que fumos recollendo nesta andaina!!


saída outono by Slidely Slideshow

Mural outono


Velaquí  unha das partes que máis nos gusta do outono...desfrutar das follas caendo!!

miércoles, 7 de octubre de 2015

Filosofía para nenos

Todos os martes pola tarde temos un tempo para APRENDER A PENSAR. Facémolo gracias a "Mariquita Juanita" quen, a través dos seus contos e aventuras nos fai pensar. Bueno, pensar e observar, percibir, imaxinar, dialogar, desenvolver valores, razonar...a través da música, da pintura, de diferentes textos e de xogos.

Xa coñecimos a varios dos seus amigos, pero esta semana Juanita atopouse cunha bolboreta con moita paciencia. Aquí tedes algunhas das ideas que os nenos e as nenas dixeron en diáologo, saben moito de paciencia, mirade, mirade....
-Se a miña mamá está facendo a cena e teño moita fame espero tranquilamente
-Cando vou ao pediatra e o médico está mirando a outro neno, eu xogo un pouco por alí hasta que me chame.
-Cando dúas mamás están falando non lle podemos tirar da chaqueta, temos que esperar a que rematen de falar para que nos miren
-O outro día no cole tiven paciencia porque tiñamos que estampar cas follas do outono e esperei a que me tocara o meu turno
-Eu sei esperar cando quero un xoguete que ten outro neno, pídollo por favor e xa sei que mo vai deixar cando remate.
-Poi eu non teño nada, nada, nada de paciencia. Non me gusta esperar taaaaanto!!
-Ai! Eu penso que a que máis paciencia ten é a bolboreta cando está dentro do capullo, pero mirade que bonitiña saiu

Impresionantes reflexións, verdade?
Ben, agora tan só nos queda poñelo e práctica...aínda que xa non o facemos nada mal.
De momento, estivemos dramatizando como pode estar un vermiño antes de convertise en bolbereta




sábado, 3 de octubre de 2015

O Dragón Pepón

O venres pasado Thais presentounos ao Dragón Pepón, xa coñecimos tamén a súa familia e aos seus amigos e amigas da escola. Nós, ata nos animamos a cantar e bailar un rap...por se queredes practicar na casa, aquí o tedes:
PE PEPÓN
ESPERTA XA
SENÓN AO COLEXIO
NON  IRÁS!!!


Traballo por parellas

Conversa na aula:
-Mestra: Ímonos convertir en ilustradores, que vos parece?
-Alumnado: Xenial!!
-Mestra: Xa que fumos ver a exposición de Joana Costa podemos colorear estas imaxes que fixo ela.  Pero temos un problema: a fotocopiadora so me fixo dez copias. Chegan para todos?
-Alumnado: Non, non chegan. Nós somos moitos!!!
-Mestra: Entón como podemos facer?
-Alumna: Xa sei! Podemos compartir!
-Todos (entusiasmados): Siiii, que boa idea! Compartimos!
-Mestra: Vale, deixádeme calcular...temos un debuxo para cada dous
-Alumna: Fantástico! Así podemos traballar por parellas

E partir deste diálogo tan fácil (pero á vez tan complicado) eles mesmos consensuaron as parellas e comezaron a traballar!!











Novos manteis

Xa temos todos e todas a nosa propia bandeira dos xogos olímpicos! E sabedes para que as imos usar? Para empregar como manteis á hora da merenda, nesta ocasión estamos degustando as uvas que nos trouxo o noso compañeiro Yago da casa da súa avoa. Graciñas!





E aquí estamos pintando os manteis

Debuxo esquema corporal


Unha das cousas que máis nos gusta do cole é pintar con acuarela!! Así que, aproveitamos esta técnica para facer un mural co que decorar a porta da aula no que nos debuxamos así de ben!


debuxo esquema corporal by Slidely Photo Gallery