sábado, 27 de febrero de 2016

Día de Rosalía

Como cada 24 de febreiro, adicámoslle o día á poetisa Rosalía de Castro. Este curso fixémolo escribindo postais para enviarllas ás familias, elaborando flores e recitando poemas na aula, no cole e en radio Arzúa.
Día de Rosalía by Slidely Photo Gallery

Investigamos


A principal fonte de recursos para investigar son, sen lugar a dúbidas, as familias!! Mil gracias por todos os materiais que nos enviastes, axudáronnos a resolver un montón dúbidas que tiñamos sobre a vida na prehistoria.
Seguiremos aprendendo!!

miércoles, 17 de febrero de 2016

Novo proxecto

Esta semana comezamos un novo proxecto: A PREHISTORIA
Vaia sorpresa cando atopamos unha misteriosa caixa na aula...dentro había un traxe. Quen pode vestir así? Despois de ler o conto, descubrimos que na prehistoria non vestían coma nós...facían eles mesmos as súas roupas!
Polo momento, sabemos que vestían con pel de animais, vivían en covas, non tiñan instrumentos, nin xoguetes.
Seguiremos investigando sobre esa xente que vivíu fai moito, moito, moito tempo...Isto é o que queremos saber: como facían para durmir se non tiñan camas, como pescaban, como pintanban dentro das covas sen pintura, como cazaban, como inventaban as cousas, como facían música sen instrumentos, que comían, como inventaron o lume,...

Canción inverno

lunes, 8 de febrero de 2016

Entroido 2016


Por fin chegou o día!! Despois de ter preparados os nosos disfraces, tiñamos unhas ganas enormes de poder lucilos no Festival de Entroido.
Vaia sorpresa cando vimos aparecer a COBI, mascota de Barcelona´92, tamén bailou con nós. Non perdades ollo!!
COBI

Matemáticas con balóns

Na aula tivemos unha sesión de matemáticas na que fomentamos a curiosidade e a experimentación. Como? A través da manipulación e da acción, nesta ocasión, empregando BALÓNS. Si, si, os balóns non só se empregan para facer deporte, tamén son útiles para aprender matemáticas.
Ademáis de clasificar, agrupar, facer series, ordenar,...traballamos todos estes conceptos: os números, máis grande/menor, 1º, 2º, último, duro/brando, grande/mediano/pequeno, preto/lonxe, forte/despacio, rápido/lento, arriba/abaixo,...
Se na casa tamén queredes traballar as matemáticas de xeito divertido neste enlace tedes algunha idea.

Meco deportivo


Este curso, o meco foi pedindo cada día unha prenda para rematar a semana coma auténticos deportistas: unha medalla, unha bufanda do teu equipo, unha gorra e uns pantalóns cortos.
Mil gracias ás familias pola vosa colaboración!!!
O xoves, na aula, apareceron un montón de personaxes distintos, coñecédelos?