sábado, 29 de noviembre de 2014

Siluetas

Neste curso tamén estamos a participar nun Proxecto chamado XOGADE, a través do cal se pretenden crear hábitos de vida saudable a través, sobre todo, do deporte.
Na aula de 3 anos comezamos coñecendo as partes do noso corpo...temos que ser conscientes do que temos para  MOVERNOS!!
Por isto, realizamos estas siluetas dalgún de nós e decorámolas con moooooitos círculos!!!



Bolas Nadal

Xa estamos cos preparativos para o Nadal, de momento elaboramos estas bolas para adornar o pasillo de infantil.
Primeiro colocamos DENTRO do CÍRCULO pegatinas de cores, despois PUNZAMOS para poder pegalas...et voilà!!



Paisaxe outonal

Landras e castañas convertidas en cogomelos!! Atopades algún outro elemento característico do outono nesta paisaxe?




martes, 25 de noviembre de 2014

Cumples Novembro


Parabéns para Brais, Aroa, Alberte e Efrén!! Fáltanos na foto José María porque está enfermo, pero temos a súa coroa de cumple ben gardada para cando se atope mellor.
Costounos un pouco apagar a candea no número 3, pero soprando ben forte entre todos e todas conseguímolo!!!






Cor azul

Despois de ter traballado a cor VERMELLA, agora tócalle o turno ao AZUL.
Primeiro, buscamos obxectos de cor azul na aula e despois pintamos con esta cor, encántanos pintar cos dedos!!










Preme aquí para xogar coas cores no teu ordenador

sábado, 22 de noviembre de 2014

Esquema corporal

Aquí tedes os primeiros debuxos do esquema corporal dos nenos e das nenas da aula de 3 anos. 
Xa se empezan a recoñecer as primeiras figuras...todo un logro para a súa idade!!

Os tres tenedores

Con motivo do Día do neno o Concello de Arzúa convidounos ao concerto de "Os Tres Tenedores" na Casa da Cultura. Este grupo de animación musical ensinounos, ao alumnado de Educación Infantil, distintos tipos de instrumentos e varias versións da popular canción "A saia da Carolina"
Algún de nós participou nunha orquestra e, outros, cantamos e bailamos!!!

Os recantos

Cada día temos un ratiño de traballo nos distintos recantos da aula. Distribuímonos en grupos de catro nenas e nenos, e imos rotando o recanto ao longo da semana. Isto témolo rexistrado nun panel coas nosas fotografías e as imaxes dos recantos, queredes coñecer cales son?





Que atopamos nos diferentes recantos?
-Biblioteca: contos, revistas, xornais, letras, grafismos, marionetas,...
-Xogo simbólico: médico, perruquería, ferramentas,...
-Construcións: xogos de construcións (aquí tamén están gardados os animais e os medios de transporte)
-Casiña: cociña, bonecos
-Lóxico-matemática: quebracabezas, números, xogos de asociación, clasificación, memoria, percepción-observación, secuencias, operacións, tangram,dominó, regletas, ensartables, pinchos, bloques lóxicos, ,...
-Natureza: plantas, sementes, animais, pedras,...
-Arte: plastilina, material para debuxo, tesoiras, pegamentos, punzóns, material de refugallo,...
-Ordenador: pc, cámaras,...
-Música: radio, cd, instrumentos,..
-Curiosidades: recanto adicado ao Proxecto de traballo

Aquí nos tedes nalgún dos recantos, mirade que concentrados estamos!!









Saída acuario

O alumnado de Educación Infantil fomos de viaxe ata A Coruña para coñecer unha paisaxe moi distinta á que vemos ao mirar polas fiestras do noso cole: O MAR!
Unha vez alí, desfrutamos dunha fantástica xornada coñecendo un poquiño máis sobre os animaliños que viven no fondo do mar...

Obradoiro relaxación e xogo

Tivemos a sorte de poder desfrutar de dous obradoiros impartidos por Manuel Mariño, nun deles aprendemos a relaxarnos e no outro pasámolo en grande xogando.
Temos que darlle as grazas a Manuel por facernos pasar tan bos ratiños, e por darlle algunha idea a profe jejeje!!
Obradoiro relaxación













Obradoiro xogo