lunes, 27 de junio de 2016

Gracias!!

...esta caixa non só viaxa para Lugo chea de bombóns, senón tamén de boas experiencias e de traballo en equipo. Fico, tremendamente agradecida pola fantástica casualidade de terme atopado con estas famlias en Arzúa, sen dúbida os vosos fillos e fillas son o voso reflexo. Sempre  direi orgullosa que convivín con vós dous marabillosos cursos!!
Unha vez máis, graciñas pola vosa participación, implicación e por facer que o meu traballo fora tan doado e tan inmesamente agradecido.
Xa volo deixei por escrito, pero insisto, sei que a partir de agora todo seguirá indo moi ben...



Festival fin de curso 2016

O último día do cole non nos podía faltar ese "ritmo contaxioso" que temos durante todo o curso. A bailar! Podedes ver máis imaxes premendo aquí

Martín

O noso amigo Martín comezará o novo curso noutro cole, ímos botar en falla a súa enerxía e esa ledicia tan contaxiosa! De seguro, que lle vai ir moi ben!!


lunes, 20 de junio de 2016

Flores con sorriso

Unhas flores moi especiais agardábanme, hoxe, co seu sorriso habitual!!
 Graciñas profe Mary por esta enorme sorpresa....emocionante!!


Orla 2016

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras...así de ben o pasamos no cole!!

Cumples xuño, xullo e agosto 2016

...e celebramos os últimos cumples do curso. Alba, Andrea, Brais, María, Antía, Alejandro e Yago convidáronnos a unhas ricas larpeiradas, e despois,...bailamos sen parar!!!

Xardín de olores

Coa axuda de varias familias do cole, seguimos sementando no xardín de olores!!
Graciñas por vir axudarnos...así trabállase moito mellor!!

Plantamos amorodos

Xa temos o resultado das votacións sobre a nosa froita preferida!!
Sabedes cal gañou? O amorodo!!
A nós encántannos así que sementamos unha pequena planta na aula, estamos agardando a que de o seu primeiro froito


sábado, 4 de junio de 2016

Saída o Grove

E por fin chegou o esperado día....viaxamos ao Grove!!
Alí, visitamos o Acuario, para seguir co xantar na Illa da Toxa. De volta ao Grove subimos ao catamarán para ver o fondo mariño, onde poidemos observar de preto as bateas e degustar uns riquísimos mexillóns.
Coma sempre, non deixamos de sorprendernos e desfrutar da paisaxe costeira...non hai máis que ver as nosas caras!

Álvaro Illobre

Esta semana visitounos Álvaro Illobre, un deportista galego de élite que participou nas Paralimpiadas de Sidney e de Pequín na destreza olímpica de tenis. Esinounos un montón de curiosidades sobre este deporte e as características da súa cadeira de rodas para poder xogar o máis seguro posible! 

miércoles, 1 de junio de 2016

Praxias con froitas

Nunca vistes unha froita con boca? Pois na aula de catro anos temos un montón e a profe Thais, na  sesión de estimulación de linguaxe, ensinounos a imitalas, é divertidísimo!!
 Queres xogar con nós?

Iria

Hoxe, despedimos á profe Iria. Graciñas pola túa calma e paciencia!!
Encantounos estar contigo!!

domingo, 29 de mayo de 2016

Unha paisaxe para dragóns

Graciñas a todas as familias por colaborar creando estes impresionantes dragóns con material de refugallo!! Noraboa polo voso traballo!!!

Itinerario poético

Para difundir a obra de Manuel María moitas das aulas do cole elaboraron un cartel con poemas deste escritor. O alumnado de Educación Infantil colocamos os nosos carteis na Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro". Se queres saber onde os pegaron o resto de compañeiros e compañeiras do cole teredes que ir da un paseiño por Arzúa e descubrilo, ide ben atentos!




Mapa

O venres recibimos unha carta de Draco, nela solicitábanos axuda para atopar unhas pistas para marcarlle o camiño á princesa nun mapa, xa que un dragón tiña atrapado ao seu irmán.
Coma sempre, axudámola sen pensalo, primeiro tivemos que ler os pictogramas, despois buscar as pistas e, por úlitmo marcarlle o camiño nun mapa.

IV Peque-xogos

Un ano máis, participamos nos Peque-Xogos de Primavera, xunto con todo o alumnado de Educación Infantil, pasámolo xenial xogando aos bolos, á carreira de relevos, aos sacos, aros musicais e tira a corda.

Dragón Chino

Un dragón da China visitou estes días o cole, engaiolounos a todos coa súa danza


Risa ao Sol

Que contenta está Risa cando sae o Sol!!

domingo, 22 de mayo de 2016

Cal é a túa froita preferida?

Unha piña en bicicleta preguntounos cal é a nosa froita favorita. Así que collimos lápis e papel e escribimos a que máis nos gusta, agora so temos que agardar...cal será a máis votada en todo o cole?

domingo, 15 de mayo de 2016

Onde viven os dragóns?

Aos dragóns gústalles vivir en pantanos, covas ou montañas. Como imos realizar unha exposición de dragóns con material de refugallo coa axuda das familias, nós preparamos unha paisaxe na que se sintan a gusto. Primeiro decidimos como facela e despois...mans á obra!

Vermes de seda

Xa chegou a primavera, así que temos novos ovos de verme. Decoramos a súa casiña para que se sintan ben cómodos e mirámolos a través do microscopio para ver como son antes de nacer...moi peludos!!!
Agora so nos queda agardar uns cantos días para seguir a súa evolución

Decoración

Así de bonito quedou o corredor de infantil gracias ao traballo das familias!!!

domingo, 8 de mayo de 2016

Ideas para crear dragóns

Aquí tedes algunhas ideas para poder crear, en familia, dragóns con material de refugallo.

Réptiles

O dragón de Komodo é un réptil. Sabémolo porque despois de investigar un pouco, descubrimos que os réptiles deben reunir unha serie de características:
-Respirar por pulmóns
-Reproducirse por ovos
-Camiñar ca súa barriga moi preto do chan, é dicir, reptar
-Ser vertebrados
-A maioría teñen a pel recurberta de escamas, e algúns, incluso teñen caparazón, coma Risa!!!
-Moitos aliméntanse de carne, aínda que tamén hai algúns réptiles aos que lles encanta comer plantas.

Para seguir profundizando sobre o tema decidimos describir os animais de xoguete que temos na aula para clasificalos en función da súa alimentación, do lugar onde viven, a maneira de nacer,...canto nos gustan os animais!!

domingo, 1 de mayo de 2016

Ovos de dragón

Durante esta semana descubirmos que os dragóns se reproducen por ovos, igual que algúns dos animais que nós coñecemos. E... como neso de facer boliñas somos expertos, elaboramos ovos de dragón de cor verde con pasta para modelar.
Para que os empregamos? Para sorprender ás nosas mamás, quen sabe se dalgún chaveiro nace un dragón...


Comparticontos 2016

Os contos que máis nos gustan contados polos nosos compañeiros e compañeiras maiores...éxito asegurado!! Todo o cole envolto pola maxia dos contos...preme aquí para saber máis

Cumples abril 2016

Así de contentos lucían Jana, Vera e Rubén o día que festexamos o seu cumple no cole. 
Coma sempre, pasámolo xenial!!!

martes, 26 de abril de 2016

Estamos falando de...

...DEPORTE.
Mira o vídeo e adiviña de que deporte falan!!!

Coidamos o bosque

Hoxe, visitounos unha brigada forestal que nos ensinou como coidar os nosos bosques, e agora temos moito máis coidado de protexer os pequenos insectos e animaliños que vemos todos os días, non xogar co lume e respectar ás árbores...seguiremos coidando a nosa paisaxe!
Fixeron que o pasásemos xenial empregando as súas ferramentas de traballo. Graciñas rapaces!

sábado, 23 de abril de 2016

Xigantes ou muiños?



Este ano, conmemoramos o Día do Libro recordando as historias de Don Quijote. Vos que vedes na imaxe, un muiño ou un xigante?
Tamén inventamos un conto a partir destas dúas palabras: CASTELO e DRAGÓN, segue lendo para descubrir a nosa historia.

Un dragón

Seguimos aprendendo novas cousas sobre os dragóns. Aquí vos deixamos este que creamos con oveiras e ao que lle puxemos melena verde, cornos, barba, garras, alas e cola en forma de punta. E ti, como imaxinas ao teu dragón?

Compost

Neste trimeste, imos gardar todos os restos de froita que nos sobran da merenda para levalos ao composteiro e así xerar o noso propio abono orgánico!

domingo, 17 de abril de 2016

A primavera


Coa chegada da primavera, prodúcense cambios no noso entorno. Mentras imos observando o que sucede, escribimos un resumo cos cambios máis importantes. Ollade!

Maxia

Esta semana, un mago veu ao cole, casi non podiamos crer o que estabamos vendo!!

Os xogos olímpicos

Aquí tedes un mapa conceptual con algunhas cousas que aprendimos sobre os xogos olímpicos e Barcelona´92.

Seguide lendo para ver algúns debuxos dos nosos deportes preferidos. 
Tamén escribimos escribimos os seus nomes!

domingo, 10 de abril de 2016

En busca do Dragón

O pasado xoves, tiñamos na aula unha carta dun cabaleiro, na que nos pedía axuda para atopar ao seu dragón Draco, nós non o dubidamos nin un instante!!

Chega a primavera

"Roci, non te olvides temos que decorar un pouco a clase...xa chegou a primavera"
Dito e feito, comezamos a preparar o mural desta florida estación deixando as pegadas das nosas mans para conseguir uns pétalos!
Despois disto, traballamos en equipo (cada mesa un equipo) para rematar as flores. Tiñan que decorar o polen e pintar o talo. Quen se encarga de cada tarefa dentro do equipo? Iso, tivérono que decidir eles, chegar a acordos para conseguir un fin común...imos por moi bo camiño!!!!!

O volcán

Na clase de alternativa, ca profe Iria, construíron un volcán. Para comprobar que funcionaba trouxérono á aula. Vaia susto cando vimos a lava!

Xogo deporte

Fixemos uns debuxos sobre o deporte...anímate a xogar con nós!
Preme aquí para ver o xogo a pantalla completa.

sábado, 19 de marzo de 2016

Plantamos

Os nenos e as nenas de primaria deseñaron e prepararon o terreo do xardín de olores...agora tocounos aos máis pequenos do cole plantar seguindo as instrucións do seu plano (menta, lavanda, allos, frambuesas,...), e nós, fixémolo encantados...mans á terra!!

jueves, 17 de marzo de 2016

Obradoiro colares

A protagonista do día de hoxe foi Silvia. Ela é a nai do noso amigo Hugo e veu á aula para axudarnos a elaborar estes colares prehistóricos tan chulos!
Graciñas Silvia!!

Bonecos de neve

Está acabando o inverno, así que hoxe levamos para a casa estes simpáticos bonecos de neve que fixemos ca profe Iria.
Brrrr, Qué frío!