miércoles, 6 de mayo de 2015

Vermes de seda




Hai uns días, a profe trouxo á aula uns oviños mooooooi pequeniños. Díxonos que deses ovos ían saír vermiños, pero nós non o tiñamos moi claro...mirabamos un día, e outro día pero alí non acontecía nada de nada....
Descubrimos que aos animaliños que saen dos ovos encántalles a calor. Así que, despois de dialogar un bo rato, chegamos a un acordo: puxemos a nosa caixa enriba do radiador.
E cal foi o resultado? Por fin se animaron a saír catro vermiños, que contentos nos puxemos! Son tan pequerrechiños que case nin se ven.
Agora temos que coidalos moi ben para que medren  e se convirtan en fermosas bolboretas!!


Xa vos contaremos máis novidades do seu proceso de transformación, mentras tanto podedes ver un conto que nos encanta

No hay comentarios:

Publicar un comentario