lunes, 25 de mayo de 2015

Saída Vilagarcía

O pasado día 22 de maio, todos os nenos e as nenas de Educación Infantil realizamos unha saída a Vilagarcía de Arousa, ata aquí chegamos en tren dende Santiago. Despois de coñecer o concello no seu tren turístico subimos a unha zodiac para visitar a Illa de Cortegada. Un lugar fermosísimo no que os guías nos contaron as historias do pirata Maravaca e a súa árbore máxica. Tamén realizamos algunha que outra obra de arte cos elementos naturais que atopamos na praia.
Sen dúbida, foi un día cheo de boas emocións, vivido con moita ilusión!!!!

Saída Vilagarcía by Slidely Slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario