domingo, 31 de mayo de 2015

A primavera de Julio!!


Todos os días, despois do recreo do comedor ou despois dunha activiade de moito movemento, temos un tempo de VOLTA Á CALMA. Neste momento, intentamos calmarnos e relaxarnos, principlamente, a través da música.
Gústanos escoitar a Mozart, Beethoven, Vivaldi... e agora, tamén nos encanta escoitar a Julio, papá da nosa amiga Jana. O venres veu a nosa aula e tocou o seu clarinete para nós, sorprendunos tocando a primavera de Vivaldi e moitas outras cancións! E incluso, nos deixou tocar o clarinete e axudarlle a limpalo!
Moitíiiiiiiiiisimas gracias, Julio!!!!!!!!






Deixovos un capítulo dos Little Einsteins que vimos a aula, e no que descubrimos a primavera de Vivaldi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario