O venres 5 de xuño realizamos unha saída xunto con todos os compis do cole. Como ven sendo tradición emprendemos camiño ata Preguntoño, onde desfrutamos dunha romaría.
Unha xornada na que desfrutamos da paisaxe, da música e do baile!
Camiño Preguntoño by Slidely Slideshow
sábado, 13 de junio de 2015
sábado, 6 de junio de 2015
Ponlle as pilas ao teu bocata
A través do programa Alimenta-T Ben!, organizaouse no cole a actividade "Ponlle as pilas ao teu bocata", así que cada neno e nena elexiu os ingredientes para facer un bocadillo con alimentos de mar e de terra...estaban riquísimos e aportáronnos un montón de enerxía!
martes, 2 de junio de 2015
Xogando
O xogo é a principal actividade de aprendizaxe para os nenos e as nenas, é básico para o seu desenvolvemento mental e emocional. Ofrécelles a posibilidade de facer, de explorar, de manipular... favorecendo habilidades sociais, mentais e físicas.
Nós, neste curso, evolucionamos un montón no noso xogo sendo cada vez máis cooperativo, organizado e estructurado. Así que....A XOGAR!!
Nós, neste curso, evolucionamos un montón no noso xogo sendo cada vez máis cooperativo, organizado e estructurado. Así que....A XOGAR!!
domingo, 31 de mayo de 2015
A primavera de Julio!!
Todos os días, despois do recreo do comedor ou despois dunha activiade de moito movemento, temos un tempo de VOLTA Á CALMA. Neste momento, intentamos calmarnos e relaxarnos, principlamente, a través da música.
Gústanos escoitar a Mozart, Beethoven, Vivaldi... e agora, tamén nos encanta escoitar a Julio, papá da nosa amiga Jana. O venres veu a nosa aula e tocou o seu clarinete para nós, sorprendunos tocando a primavera de Vivaldi e moitas outras cancións! E incluso, nos deixou tocar o clarinete e axudarlle a limpalo!
Moitíiiiiiiiiisimas gracias, Julio!!!!!!!!
lunes, 25 de mayo de 2015
Saída Vilagarcía
Sen dúbida, foi un día cheo de boas emocións, vivido con moita ilusión!!!!
Saída Vilagarcía by Slidely Slideshow
sábado, 16 de mayo de 2015
Letras Galegas 2015
O 17 de maio é o Día das Letras Galegas e nós, no cole, xa festexamos este día con moita música. Primeiro, cantamos na Biblioteca Escolar con Moncho Do Orzán, que nos ensinou moitos instrumentos tradicionais galegos. Despois, escoitamos tocar varias pezas aos nosos compañeiros para rematar cantando todos xuntos o himno galego, escrito por Eduardo Pondal.
Podes premer aquí para ver o ben que o pasamos!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

