miércoles, 17 de febrero de 2016

Novo proxecto

Esta semana comezamos un novo proxecto: A PREHISTORIA
Vaia sorpresa cando atopamos unha misteriosa caixa na aula...dentro había un traxe. Quen pode vestir así? Despois de ler o conto, descubrimos que na prehistoria non vestían coma nós...facían eles mesmos as súas roupas!
Polo momento, sabemos que vestían con pel de animais, vivían en covas, non tiñan instrumentos, nin xoguetes.
Seguiremos investigando sobre esa xente que vivíu fai moito, moito, moito tempo...Isto é o que queremos saber: como facían para durmir se non tiñan camas, como pescaban, como pintanban dentro das covas sen pintura, como cazaban, como inventaban as cousas, como facían música sen instrumentos, que comían, como inventaron o lume,...






debuxos prehistoria by Slidely Photo Gallery


No hay comentarios:

Publicar un comentario