lunes, 8 de febrero de 2016

Matemáticas con balóns

Na aula tivemos unha sesión de matemáticas na que fomentamos a curiosidade e a experimentación. Como? A través da manipulación e da acción, nesta ocasión, empregando BALÓNS. Si, si, os balóns non só se empregan para facer deporte, tamén son útiles para aprender matemáticas.
Ademáis de clasificar, agrupar, facer series, ordenar,...traballamos todos estes conceptos: os números, máis grande/menor, 1º, 2º, último, duro/brando, grande/mediano/pequeno, preto/lonxe, forte/despacio, rápido/lento, arriba/abaixo,...
Se na casa tamén queredes traballar as matemáticas de xeito divertido neste enlace tedes algunha idea.
























No hay comentarios:

Publicar un comentario