martes, 3 de noviembre de 2015

Medrando...

Seguimos observando que pasa coas sementes que puxemos nos vasiños. Vai sorpresa!! Xa lle saíron as raíces e os garavanzos teñen, tamén, un pequeno talo. Algo lle pasou ás xudías porque non medraron nadiña...algúns nenos pensan que puido ser porque tiñan moita auga.
Xa rexistramos nunha táboa o tempo que tardaron en ter raíces...nada máis e nada menos que 7 días, pero isto non remata aquí!!! Continuaremos coidándoas e observándoas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario