viernes, 30 de octubre de 2015
Samaín 2015
E por fin chegou o día!!! A bruxa Catuxa veu visitarnos para lernos un contiño. Nós, en agradecemento, cantámoslle algunhas cancións...e debéronlle gustar porque nos deu unhas larpeiradas para todos.
Para que sirven as plantas?
A profe Cris, ensinounos que se poden empregar as plantas para moooitas cousas: para decorar, para facer mobles, para facer perfumes, para curar, para comer...
Seguiremos investigando sobre isto!!!
Seguiremos investigando sobre isto!!!
miércoles, 28 de octubre de 2015
Obradoiro cociña Samaín
Hoxe, tivemos unha xornada de festa: contos, cancións e, como non...comida!
E nós, como somos moi larpeiros pasámolo xenial! Cociñamos arañas e pantasmas...estaban riquísimos, mmm!!
Graciñas, profe Cris, por esta sorpresa!!!
Monstros
Outras das personaxes que nos dan sustos neste Samaín, son os monstros,
Aínda que xa sabemos que só viven nos contos, quixemos deixar voar a nosa imaxinación e crear uns simpáticos mostros para recibir á bruxa Catuxa e sorprendela cando nos veña ler algún do seus contos.
Estamos desexando que chegue!!

Aínda nada?
A profe Cris, contounos o conto "Aínda nada?" no que o señor Luís plantou unha semente e esperou, e esperou, e esperou e....
A nós, tamén nos gusta moito iso de sementar, e ver o que pasa...Así que, puxémonos mans á obra, estos son os pasos que seguimos:
-Primeiro observamos, ulimos, tocamos, coñecimos as sementes.
A nós, tamén nos gusta moito iso de sementar, e ver o que pasa...Así que, puxémonos mans á obra, estos son os pasos que seguimos:
-Primeiro observamos, ulimos, tocamos, coñecimos as sementes.
Canción Los Esqueletos
Estes días, tamén estamos traballando o Samaín na clase de música, ca profe Mary.
Aquí nos tedes convertidos en esqueletos...que meeeedoooo...
Aquí nos tedes convertidos en esqueletos...que meeeedoooo...
sábado, 24 de octubre de 2015
Saída Avifauna
Todo o alumnado de Educación Infantil realizamos unha saída a Avifauna.
Que ben o pasamos!! Descubrimos un montón de aves que descoñecíamos e vimos outras que soamente tiñamos visto nos contos ou en películas como o moucho, a avestruz..., pero onte tivemos a oportunidade ata de cantarlles algunha canción!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)