sábado, 16 de enero de 2016

Pan con tomate


Como non podía ser doutro xeito, tiñamos que elaborar algunha receita típica de Barcelona. Meu dito, meu feito!!  Despois de escribir os ingredientes necesarios, cociñamos un riquísimo pan con tomate...mmmmm!!!

Pan con tomate by Slidely Slideshow

Joan Miró

Continuamos co Proxecto anual dos xogos olímpicos, en concreto con Barcelona´92.
Xa situamos esta cidade no mapa, así que agora imos aprender un pouco máis sobre as súas tradicións e costumes.
Esta semana, coñecimos a un pintor que naceu en Barcelona. Mirando, mirando os seus cadros descubrimos que pintaba, principalmente, coas cores dos aros olímpicos!
Convertidos en artistas pintamos os nosos propios cadros empregando as mesmas cores que Miró.

Xogamos a pensar

Voltamos das vacacións de Nadal con moita enerxía e ganas de seguir aprendendo!!
Como cada martes pola tarde, xogamos a pensar, esta vez quen nos fixo pensar foi a araña Tania. Como lle regalou a súa tea á "mariquita Juanita", nós estivemos dialogando: todos os animais poden vivir no mesmo lugar? que se sentiría Juanita na casa da araña? como teñen que ser as súas casas? e as das persoas? ,...
Ningunha resposta a estas preguntas está ben ou mal, o máis importante é que xa comezamos a ser capaces de argumentar e explicar aos nosos compañeiros o que pensamos, aínda que eles pensen diferente.


sábado, 19 de diciembre de 2015

Nadal Rock!

Despois de recibir a visita  de Papá Noel bailamos un rock con moita enerxía!!
 Mirade, mirade!!

Tamén nos podedes ver con máis detalle...

Saímos na tele!!

Que emocionante!!
O pasado mércores unha reporteira e un cámara da televisión de Galicia estiveron no cole para explicarlles o noso traballo no Proxecto de Paisaxe!!
Nós, contámoslles como fixemos o experimento con flores para cambiar a cor dos pétalos, os perfumes e o papel reciclado. Encantounos contarlles todo o que aprendimos!!
Se queres vernos no programa "Boas tardes" preme aquí e olla o vídeo a partir de 1:33:40

Acivro

Hai uns días fixemos unhas folliñas de acivro para decorar o corredor do cole!!
Como non coñeciamos esta árbore, buscamos unha imaxe en internet para ver como era e saímos ao patio do cole en busca dalgunha igual. Esta foi a cara que se nos quedou cando descubrimos un acivro no xardín...vaia ilusión!

Bolas nadal


Este ano decoramos o escenario para o Fetival de Nadal con bolas de cores. Como estamos aprendendo un montón de cousas sobre os xogos olímpicos eleximos as cores dos aros olímpicas, na aula fixemos a de cor negro.