Voltamos das vacacións de Nadal con moita enerxía e ganas de seguir aprendendo!!
Como cada martes pola tarde, xogamos a pensar, esta vez quen nos fixo pensar foi a araña Tania. Como lle regalou a súa tea á "mariquita Juanita", nós estivemos dialogando: todos os animais poden vivir no mesmo lugar? que se sentiría Juanita na casa da araña? como teñen que ser as súas casas? e as das persoas? ,...
Ningunha resposta a estas preguntas está ben ou mal, o máis importante é que xa comezamos a ser capaces de argumentar e explicar aos nosos compañeiros o que pensamos, aínda que eles pensen diferente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario