domingo, 27 de septiembre de 2015

O señor Patas Brancas


E, por fin, podedes coñecer á nosa mascota! O debuxo elexido foi o do noso compañeiro Hugo, o seu cempés está agora convertido en boneco, para acompañarnos na aula.
Despois de ter pensado varios nomes, decidimos facer unha votación e...a nosa mascota chamarase SEÑOR PATAS BRANCAS!
Este cempés, vainos acompañar durante todo o curso para axudarnos cos proxectos que realicemos, daranos bos consellos e, sobre todo, será o noso amigo!



Nunha entrada anterior podiamos ver como o creamos e eleximos, pois ben,  aquí vos deixo todos os debuxos que participaron na elección...había elefantes, dinosaurios, bichos, saltamontes...e moitos máis! Todos fantásticos!


Debuxos mascotas by Slidely Photo Gallery

No hay comentarios:

Publicar un comentario