miércoles, 28 de enero de 2015

O número 2

Aínda que todos os números están presentes en moitos momentos do día na aula, neste trimestre imos aprender máis polo miúdo o NÚMERO 2.
Xa todos sabemos asociar este número a súa cantidade, así que hoxe dedicámonos a traballar sobre a súa grafía para poder recoñecelo cando o vemos escrito. Para isto, a profe debuxounos un montón de números 2 no encerado para que todos o borráramos co pincel mollado en auga...parecía cousa de maxia ver como desaparecía!! Pero sabedes o máis importante? Con esta actividade tan divertida, conseguimos interiorizar a direccionalidade para realizar o trazo deste número.








No hay comentarios:

Publicar un comentario