sábado, 22 de noviembre de 2014

Samaín 2014

 Un ano máis, A Bruxa Maruxa veu visitarnos polo Samaín para contarnos e lernos algún contiño!!
Sorprendeunos facendo unha “rica” sopa con pelos de rato, mocos de sapo e esencia de morcego, pero…non nos decidimos a comela porque o seu cheiro resultounos un pouco noxento jujuju!! 
Despois de cantarlle algunha canción despedímola ata o vindeiro cursooooo!!!




Na aula estivemos aprendendo unha morea de cousas sobre as bruxas, por iso fixemos estes gorriños tan chulos!
Non o ides crer pero, nunha das súas cartas, a Bruxa Maruxa deixounos gorros de bruxas e unha vasoira, pero a nós faltábanos algo de maxia porque non conseguimos voar...algún neno non se atraveu a subir a vasoira, non vaia ser que saíse disparado!!







 Graciñas a todas as familias pola vosa participación aportando as cabazas decoradas, sodes uns artistas!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario