miércoles, 16 de marzo de 2016

Os nenos e as nenas da prehistoria


Que será o que estamos a pintar??
Segue lendo para descubrilo...

Chema

O noso amigo Chema vaise para outro cole, desexámoslle o mellor do mundo.
Despedímolo da mellor forma que sabemos...dándolle unha morea de abrazos






Aprendemos sobre baloncesto

Que ilusión nos fixo a visita de Moreira!! Contounos un montón de cousas sobre o baloncesto e deunos o seu segredo para ser tan bos xogadores coma el...O IMPORTANTE CANDO FACEMOS DEPORTE NON É GANAR SENON PASALO BEN!!

Semana da prensa

Extra, extra!! A Marela informa que no Ceip de Arzúa conmemoramos a SEMANA DA PRENSA elaborando un xornal. Na aula de 4 anos encargámonos de crear unha noticia sobre a prehistoria e unha sección de pasatempos.


Modelamos con barro


Na prehistoria modelaban as súas propias cuncas con barro...se eles o facían, nós tamén!

miércoles, 9 de marzo de 2016

Casa das ciencias

Sabemos que na prehistoria inventaban para cubrir as necesidades que sentían, pero, e nós? xa temos "de todo" ou necesitamos seguir evolucionando?
Os nenos e as nenas opinan que temos que seguir investigando e creando e, para iso, é moi importante a ciencia. Aquí nos tedes, na Casa das Ciencias e Planetario da Coruña.
Un neno dixo na clase que, seguramente, dentro de miles de anos, facían un libro no que iamos aparecer nós...eu non dubido que así será. Mentras tanto, seguiremos explorando, creando e, sobre todo, imaxinando!!



domingo, 6 de marzo de 2016

Arte rupestre



No paleolítco pintaban as súas cuevas con pigmentos naturais e debuxaban o que vían: animais, as súas danzas, lume,...
Nós quixemos probar e fixemos a nosa propia pintura con cinza, azafrán, pimentón, terra e canela. . Aquí nos tedes pintando a nosa cueva...pintar naquela época era igual de divertido que facelo na actualidade!!


arte rupreste by Slidely Slideshow