E para vós, que é a paz?
sábado, 30 de enero de 2016
Día da paz
Como cada ano, no mes de xaneiro, conmemoramos o Día da paz. Para iso, elaboramos un mural xunto cos nosos compañeiros de Infantil e recitamos unha poesía no acto común que fixemos con todo o alumnado.
Para rematar este encontro cantamos xuntos "Por el deporte a la paz"
Para rematar este encontro cantamos xuntos "Por el deporte a la paz"
Preparando disfraces
Chega o tempo de entroido, así que estamos preparando os nosos disfraces.
Aquí nos tedes recortando un montóoooooon de hexágonos, vaia concentración!
Aquí nos tedes recortando un montóoooooon de hexágonos, vaia concentración!
viernes, 22 de enero de 2016
MIGUEL
Hoxe, despedimos ao noso amigo Miguel porque se vai para outro cole.
Ímolo botar en falta moooooito, pero de seguro que na súa nova escola atopa tamén moi bos amigos e amigas.
Gaudí
Esta semana seguimos viaxando por Barcelona. Non nos poidemos resistir e bailamos unha sardana e visitamos o parque Güell, gustounos tanto que quixemos imitar a Gaudí!!
sábado, 16 de enero de 2016
Sopa da paz
Na sesión de estimulación da linguaxe, Thais cociñou con nós unha sopa da paz!!
Primeiro preparamos os ingredientes: amizade, facer as paces, xogar en equipo, amor, compartir,...A continuación, engadímolos, pouco a pouco, na pota.
Cando xa estaban todos dentro, colocamos a sopa no recanto da cociña e...nuns minutiños estaba lista!
Miramos dentro da pota e nela había pombas da paz!!! Isto semella maxia!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)