sábado, 28 de noviembre de 2015

Cumples novembro

...e xa temos todos 4 anos!!! Como imos medrando!!
Non vos podedes perder o ben que o pasamos nos cumples do mes de novembro.
Unha estupenda merenda, música e...a bailar!!

Radio Arzúa

Esta semana, unha representación do alumnado interviu en radio Arzúa para falar do traballo que realizamos nos Programas do Plan Proxecta nos que participamos no cole. Foi unha experiencia xenial! E como dixeron os máis peques do cole...esto da radio parace algo máxico...falamos por un micro e escoitannos os papás e as mamás na casa!! Incrible, non si?
Se ti tamén queres escoitalos preme na imaxe

sábado, 21 de noviembre de 2015

Día do neno

Estes días o cole encheuse de nenos e nenas agarrados da man para recordar os nosos dereitos!!


Cartel Miniolimpíadas



Dentro do Proxecto Xogade, estamos preparando as "Miniolimpíadas do Ceip de Arzúa" e na aula de catro anos, ademais de entrenar coa profe Noelia na hora de psicomotricidade, elaboramos un mural para o acontecemento. Cóntovos un segredo?? As profes tamén nos axudaron cos últimos detalles. Graciñas!!

Plantamos con AMARAI

O pasado martes tivemos a sorte de contar coa axuda de membros do centro AMARAI (Centro de Recursos para persoas con discapacidade). Eles prepararon o terreo e nós plantamos buxo para conseguir un cercado natural nun dos xardíns do cole. Como nos gusta o traballo en equipo!

Experimentamos con plantas

Seguimos experimentando coas plantas
Esta semana coamos os perfumes (podes recordalo premendo aquí) e, ulindo ulindo, chegamos a unha conclusión: o que máis nos gusta é a lavanda e a laranxa.
Tamén fixemos un experimento para entender como se alimentan as plantas. Metimos unha flor en auga tintada de azul e esta foi a cara que se nos quedou cando descubrimos que absorbeu a auga dende o talo ata os pétalos...cambiaron de cor!