Durante estes días seguimos aprendendo un montón de cousas sobre o noso corpo. Na aula estivemos xogando e manipulando para coñecer os SENTIDOS, sendo cada vez máis conscientes do noso corpo e do medio que nos rodea. Aquí vos deixo un vídeo sobre os 5 sentidos
Tamén estamos preparando unha pequena SORPRESA empregando unha parte do corpo que serve para camiñar, correr, saltar...sabedes cal é? Aí vai unha pista!!
viernes, 5 de diciembre de 2014
A nosa Constitución
Todos os días as repasamos pero hoxe fixemolo dun xeito especial!!
jueves, 4 de diciembre de 2014
Hábitos saudables
Hoxe tivemos a sorte de desfrutar da visita de dúas enfermeiras moi especias!!! A nai de Antía e a de Alba viñeron a nosa aula para falarnos sobre hábitos de alimentación saudable. Contáronnos o conto "Unha eiruga moi larpeira", despois fixemos un xogo para coñecer que alimentos debemos tomar para medar fortes e sans e, por último, ensinánronnos algún dos utensilios que empregan no seu traballo.
Moitas grazas rapazas pola vosa colaboración e conseguir espertar a curiosidade dos peques. Encantounos converternos en médicos por un momento...pasámolo FENOMENAL!! Mirade, mirade...
E agora só temos que comer alimentos sans para que non nos pase o mesmo que á eiruga larpeira
miércoles, 3 de diciembre de 2014
Traballamos en equipo
Hoxe pola tarde, estivemos traballando en EQUIPO para construir árbores RASGANDO papel. Un bo momento para aprender a compartir e valorar o traballo dos compañeiros e compañeiras, á vez que favorecemos a psicomotriciade fina (preme aquí para saber máis)
Dentro de pouco mostraremos o resultado final!!!
Dentro de pouco mostraremos o resultado final!!!
martes, 2 de diciembre de 2014
De landra a carballo!!
Recordades que no mes de outubro sementamos unha landra e unha castaña?...Pois ben, a landra comezou a agromar da terra para convertirse nun carballo!!
Vaia sorpresa levamos onte cando entramos na aula e vimos isto!!!
Agora só esperamos que non nos pase o mesmo que a "Xaime e as landras"
Vaia sorpresa levamos onte cando entramos na aula e vimos isto!!!
Agora só esperamos que non nos pase o mesmo que a "Xaime e as landras"
sábado, 29 de noviembre de 2014
Siluetas
Neste curso tamén estamos a participar nun Proxecto chamado XOGADE, a través do cal se pretenden crear hábitos de vida saudable a través, sobre todo, do deporte.
Na aula de 3 anos comezamos coñecendo as partes do noso corpo...temos que ser conscientes do que temos para MOVERNOS!!
Por isto, realizamos estas siluetas dalgún de nós e decorámolas con moooooitos círculos!!!

Bolas Nadal
Xa estamos cos preparativos para o Nadal, de momento elaboramos estas bolas para adornar o pasillo de infantil.
Primeiro colocamos DENTRO do CÍRCULO pegatinas de cores, despois PUNZAMOS para poder pegalas...et voilà!!
Primeiro colocamos DENTRO do CÍRCULO pegatinas de cores, despois PUNZAMOS para poder pegalas...et voilà!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)