Xa temos o resultado das votacións sobre a nosa froita preferida!!
Sabedes cal gañou? O amorodo!!
A nós encántannos así que sementamos unha pequena planta na aula, estamos agardando a que de o seu primeiro froito
lunes, 20 de junio de 2016
sábado, 4 de junio de 2016
Saída o Grove
E por fin chegou o esperado día....viaxamos ao Grove!!
Alí, visitamos o Acuario, para seguir co xantar na Illa da Toxa. De volta ao Grove subimos ao catamarán para ver o fondo mariño, onde poidemos observar de preto as bateas e degustar uns riquísimos mexillóns.
Coma sempre, non deixamos de sorprendernos e desfrutar da paisaxe costeira...non hai máis que ver as nosas caras!
Alí, visitamos o Acuario, para seguir co xantar na Illa da Toxa. De volta ao Grove subimos ao catamarán para ver o fondo mariño, onde poidemos observar de preto as bateas e degustar uns riquísimos mexillóns.
Coma sempre, non deixamos de sorprendernos e desfrutar da paisaxe costeira...non hai máis que ver as nosas caras!
Álvaro Illobre
Esta semana visitounos Álvaro Illobre, un deportista galego de élite que participou nas Paralimpiadas de Sidney e de Pequín na destreza olímpica de tenis. Esinounos un montón de curiosidades sobre este deporte e as características da súa cadeira de rodas para poder xogar o máis seguro posible!
miércoles, 1 de junio de 2016
Praxias con froitas
Nunca vistes unha froita con boca? Pois na aula de catro anos temos un montón e a profe Thais, na sesión de estimulación de linguaxe, ensinounos a imitalas, é divertidísimo!!
Queres xogar con nós?
Queres xogar con nós?
domingo, 29 de mayo de 2016
Unha paisaxe para dragóns
Graciñas a todas as familias por colaborar creando estes impresionantes dragóns con material de refugallo!! Noraboa polo voso traballo!!!
Itinerario poético
Para difundir a obra de Manuel María moitas das aulas do cole elaboraron un cartel con poemas deste escritor. O alumnado de Educación Infantil colocamos os nosos carteis na Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro". Se queres saber onde os pegaron o resto de compañeiros e compañeiras do cole teredes que ir da un paseiño por Arzúa e descubrilo, ide ben atentos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
