domingo, 29 de mayo de 2016

Mapa

O venres recibimos unha carta de Draco, nela solicitábanos axuda para atopar unhas pistas para marcarlle o camiño á princesa nun mapa, xa que un dragón tiña atrapado ao seu irmán.
Coma sempre, axudámola sen pensalo, primeiro tivemos que ler os pictogramas, despois buscar as pistas e, por úlitmo marcarlle o camiño nun mapa.

IV Peque-xogos

Un ano máis, participamos nos Peque-Xogos de Primavera, xunto con todo o alumnado de Educación Infantil, pasámolo xenial xogando aos bolos, á carreira de relevos, aos sacos, aros musicais e tira a corda.

Dragón Chino

Un dragón da China visitou estes días o cole, engaiolounos a todos coa súa danza


Risa ao Sol

Que contenta está Risa cando sae o Sol!!

domingo, 22 de mayo de 2016

Cal é a túa froita preferida?

Unha piña en bicicleta preguntounos cal é a nosa froita favorita. Así que collimos lápis e papel e escribimos a que máis nos gusta, agora so temos que agardar...cal será a máis votada en todo o cole?

domingo, 15 de mayo de 2016

Onde viven os dragóns?

Aos dragóns gústalles vivir en pantanos, covas ou montañas. Como imos realizar unha exposición de dragóns con material de refugallo coa axuda das familias, nós preparamos unha paisaxe na que se sintan a gusto. Primeiro decidimos como facela e despois...mans á obra!