domingo, 15 de mayo de 2016

Vermes de seda

Xa chegou a primavera, así que temos novos ovos de verme. Decoramos a súa casiña para que se sintan ben cómodos e mirámolos a través do microscopio para ver como son antes de nacer...moi peludos!!!
Agora so nos queda agardar uns cantos días para seguir a súa evolución

Decoración

Así de bonito quedou o corredor de infantil gracias ao traballo das familias!!!

domingo, 8 de mayo de 2016

Ideas para crear dragóns

Aquí tedes algunhas ideas para poder crear, en familia, dragóns con material de refugallo.

Réptiles

O dragón de Komodo é un réptil. Sabémolo porque despois de investigar un pouco, descubrimos que os réptiles deben reunir unha serie de características:
-Respirar por pulmóns
-Reproducirse por ovos
-Camiñar ca súa barriga moi preto do chan, é dicir, reptar
-Ser vertebrados
-A maioría teñen a pel recurberta de escamas, e algúns, incluso teñen caparazón, coma Risa!!!
-Moitos aliméntanse de carne, aínda que tamén hai algúns réptiles aos que lles encanta comer plantas.

Para seguir profundizando sobre o tema decidimos describir os animais de xoguete que temos na aula para clasificalos en función da súa alimentación, do lugar onde viven, a maneira de nacer,...canto nos gustan os animais!!

domingo, 1 de mayo de 2016

Ovos de dragón

Durante esta semana descubirmos que os dragóns se reproducen por ovos, igual que algúns dos animais que nós coñecemos. E... como neso de facer boliñas somos expertos, elaboramos ovos de dragón de cor verde con pasta para modelar.
Para que os empregamos? Para sorprender ás nosas mamás, quen sabe se dalgún chaveiro nace un dragón...


Comparticontos 2016

Os contos que máis nos gustan contados polos nosos compañeiros e compañeiras maiores...éxito asegurado!! Todo o cole envolto pola maxia dos contos...preme aquí para saber máis

Cumples abril 2016

Así de contentos lucían Jana, Vera e Rubén o día que festexamos o seu cumple no cole. 
Coma sempre, pasámolo xenial!!!