domingo, 17 de abril de 2016

A primavera


Coa chegada da primavera, prodúcense cambios no noso entorno. Mentras imos observando o que sucede, escribimos un resumo cos cambios máis importantes. Ollade!

Maxia

Esta semana, un mago veu ao cole, casi non podiamos crer o que estabamos vendo!!

Os xogos olímpicos

Aquí tedes un mapa conceptual con algunhas cousas que aprendimos sobre os xogos olímpicos e Barcelona´92.

Seguide lendo para ver algúns debuxos dos nosos deportes preferidos. 
Tamén escribimos escribimos os seus nomes!

domingo, 10 de abril de 2016

En busca do Dragón

O pasado xoves, tiñamos na aula unha carta dun cabaleiro, na que nos pedía axuda para atopar ao seu dragón Draco, nós non o dubidamos nin un instante!!

Chega a primavera

"Roci, non te olvides temos que decorar un pouco a clase...xa chegou a primavera"
Dito e feito, comezamos a preparar o mural desta florida estación deixando as pegadas das nosas mans para conseguir uns pétalos!
Despois disto, traballamos en equipo (cada mesa un equipo) para rematar as flores. Tiñan que decorar o polen e pintar o talo. Quen se encarga de cada tarefa dentro do equipo? Iso, tivérono que decidir eles, chegar a acordos para conseguir un fin común...imos por moi bo camiño!!!!!

O volcán

Na clase de alternativa, ca profe Iria, construíron un volcán. Para comprobar que funcionaba trouxérono á aula. Vaia susto cando vimos a lava!

Xogo deporte

Fixemos uns debuxos sobre o deporte...anímate a xogar con nós!
Preme aquí para ver o xogo a pantalla completa.