sábado, 19 de septiembre de 2015

Programa estimulación da linguaxe


Durante este curso, a profe Thais (especialista en Audición e Linguaxe) vai visitarnos todos os venres para poñer en marcha un programa de estimulación de linguaxe. Con isto, veremos favorecido o desenvolvemento da compresión e produción lingüística, así como a detección e prevención de posibles alteracións lingüísticas.
Onte tivemos a primeira sesión e...foi todo un éxito! Que ben o pasamos! Xa estamos desexando que sexa venres de novo para que Thais nos siga sorprendo cos seus contos e xogos.
Aquí vos deixo un video co conto do gusano para que poidades seguir practicando na casa.

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Os aros olímpicos.

Por fin descubrimos que eran eses círculos de cores que nos recibían no corredor da entrada!
Chámanse aros olímpicos e de aquí partimos para poñer en marcha o tema proposto pola biblioteca escolar durante este curso: Os Xogos Olímpicos. As nenas e os nenos de Infantil imos investigar máis polo miúdo os xogos celebrados en Barcelona no ano 1992.
Polo momento, nós estivemos preparando...

sábado, 12 de septiembre de 2015

Novo curso, nova mascota!

Xa estamos de volta, con moitas ganas de aprender!!
O primeiro día na aula, vimos algúns cambios pero o que máis nos sorprendeu e que a nosa mascota Nuba xa non estaba...deunos moita pena. Aínda así, algún compañeiro animounos: "nós xa somos da clase de catro, Nuba ten que axudar aos pequeniños!", "ou quizás se fora de viaxe a Nubaris", dixo outro.
Mentras esperamos noticias de Nuba, ocurríusenos CREAR a nosa propia MASCOTA para a aula, así que puxémonos a imaxinar e cada un debuxou a súa mascota ideal. Despois, colocamos os debuxos na alfombra e pegamos unha pegatina no que máis nos gustaba, fixemos o reconto de votos e...xa temos nova mascota!!
A vindeira semana poñeremos a súa imaxe no blog, aínda temos que pensar o seu nome!
De momento, aquí nos tedes debuxando, observando e elexindo...





sábado, 20 de junio de 2015

martes, 16 de junio de 2015

Os vermes comezan a tecer


E por fin, despois de moito esperar dous dos nosos vermiños comezaron a tecer e tecer para constuir o seu casulo.
Non os imos poder ver transformados en bolboreta antes de que acabe o cole, así que estade moi atentos ao blog para poder velos



sábado, 13 de junio de 2015

Cumples: xuño, xullo e agosto

O día de cumples a festa está asegurada!! Así que este venres tocou festaza, pois tiñamos a sete compis con coroa: Brais S., Yago, Andrea, Antía, María, Alejandro e Alba.