Seguindo coa programación do cole para conmemorar o Día de Rosalía, por fin coñecimos a Najla Shami. Cantounos as letras desta poetisa e ensinounos varios instrumentos musicais. Encantounos a súa voz...tanto, tanto nos gusta que a escoitamos algunha das súas cancións na aula para relaxarnos...
sábado, 7 de marzo de 2015
sábado, 28 de febrero de 2015
Plantación
Dentro dun mes daremos a benvida á primavera, así que en infantil queremos ter todo preparado para a súa chegada. Por iso, comezamos xa coa plantación de bulbos e sementes no xardín do cole. Que contenta se vai poñer a nosa mascota Marela cando vexa todo isto!!
Aquí nos tedes moi atentos á explicación de Nacho...canto nos ensina!!
Preme aquí para descubrir o que fixeron os maiores do cole
Aquí nos tedes moi atentos á explicación de Nacho...canto nos ensina!!
E ponémonos mans á obra!!
Preme aquí para descubrir o que fixeron os maiores do cole
Enviamos cartas
Esta semana escribimos unhas cartas para as nosas familias. Graciñas a Alberto, o noso conserxe e pai do noso compañeiro Alejandro, que nos levou as cartas ata o buzón para que o carteiro puidese facer o seu traballo.
Aquí nos tedes preparándoas!!
Aquí nos tedes preparándoas!!
martes, 24 de febrero de 2015
Día de Rosalía
Como cada 24 de febreiro Conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro, así o fixemos nós..
domingo, 15 de febrero de 2015
Festival Entroido
E por fin chegou o día!! Vestidos coma eses pequenos seres mitolóxicos que atopamos nos bosques, trasnos e fadas desfrutamos do Festival de Entroido no cole
Preme aquí para ver máis imaxes do Entroido no cole
miércoles, 11 de febrero de 2015
O meco pide...
Esta semana estamos seguindo os mandatos do Meco, coroas de froitas, colares de flores, uns calcetíns ben altos...nótase que se achega o Entroido!!
Graciñas, unha vez máis, ás familias pola vosa colaboración e implicación.
Graciñas, unha vez máis, ás familias pola vosa colaboración e implicación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)
.jpg)
.jpg)