martes, 27 de enero de 2015

Preparativos do entroido!

 O día 13 de febreiro temos previsto celebrar o tradicional Festival de ENTROIDO no cole. Este curso, os disfraces baséanse na mitoloxía. O alumnado de Educación Infantil disfrazarémonos de FADAS e TRASNOS e bailaremos unha canción con moito ritmo.
Nós, xa comezamos cos preparativos para os nosos traxes. Mirade que concentración!!!









sábado, 24 de enero de 2015

Na Biblioteca Escolar

Neste trimestre comezamos a facer uso do servizo de préstamo da Biblioteca Escolar. Así que, todos os venres iremos á biblio do cole para coller un conto e poder levalo á casa.
Aquí nos tedes decidindo cal elexir...hai tantos!!!







Froita inverno!

Mirade que ricas mazás preparamos pintando co pincel e facendo BOLIÑAS DE PAPEL. Esta actividade, ademais de favorecer á nosa concentración, axúdanos a gañar forza e controlar a presión nos nosos dedos.





sábado, 17 de enero de 2015

Deportes de inverno

Durante esta semana, estivemos coñecendo algún DEPORTE DE INVERNO. En vista de que non nevou en Arúa decidimos crear a nosa propia pista de esquí. 
Primeiro, coloreamos uns esquiadores para despois colocalos sobre a neve. O certo é que nos costou dedicir como facer as montañas, tiñamos un montón de ideas...pero, tras DIALOGAR un anaco atopamos unha SOLUCIÓN...empregar papeis e pezas das construcións que temos na aula. Entre todos conseguimos que estes esquiadores o pasen estupendamente nesta branca paisaxe!!






Aquí tedes un vídeo que vimos na aula para aprender un pouco máis sobre o ESQUÍ

Bailamos polo Nadal!

Sei que vai cun pouco de retraso, pero por fin temos aquí a actuación enteira do festival de Nadal. Estes "trasniños" fixérono xenial...é unha pena que non se lles vexa ben a todos e todas no vídeo!!
Espero que desfrutes véndoo tanto como o desfrutamos nós preparando o baile

O día do Festival, cando chegamos ao comedor, tiñamos preparado un riquísimo menú, pero antes de degustalo quedamos impresionados cun baile moi moderno!! As nais e pai colaboradores, que nos coidan tan ben todo os días, prepararon unha enorme sorpresa, mirade, mirade!!!!




sábado, 10 de enero de 2015

Carballo

A nosa landra xa se convertiu nun carballo!!! Nacéronlle as primeiras follas, que alegría!


Un agasallo...

...sorprendente!! Cando chegamos o xoves pola mañá ao cole tiñamos un paquete dos Reis Magos, isto debe ser porque nos portamos moi ben!!