lunes, 27 de junio de 2016

Gracias!!

...esta caixa non só viaxa para Lugo chea de bombóns, senón tamén de boas experiencias e de traballo en equipo. Fico, tremendamente agradecida pola fantástica casualidade de terme atopado con estas famlias en Arzúa, sen dúbida os vosos fillos e fillas son o voso reflexo. Sempre  direi orgullosa que convivín con vós dous marabillosos cursos!!
Unha vez máis, graciñas pola vosa participación, implicación e por facer que o meu traballo fora tan doado e tan inmesamente agradecido.
Xa volo deixei por escrito, pero insisto, sei que a partir de agora todo seguirá indo moi ben...



Festival fin de curso 2016

O último día do cole non nos podía faltar ese "ritmo contaxioso" que temos durante todo o curso. A bailar! Podedes ver máis imaxes premendo aquí

Martín

O noso amigo Martín comezará o novo curso noutro cole, ímos botar en falla a súa enerxía e esa ledicia tan contaxiosa! De seguro, que lle vai ir moi ben!!


lunes, 20 de junio de 2016

Flores con sorriso

Unhas flores moi especiais agardábanme, hoxe, co seu sorriso habitual!!
 Graciñas profe Mary por esta enorme sorpresa....emocionante!!


Orla 2016

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras...así de ben o pasamos no cole!!

Cumples xuño, xullo e agosto 2016

...e celebramos os últimos cumples do curso. Alba, Andrea, Brais, María, Antía, Alejandro e Yago convidáronnos a unhas ricas larpeiradas, e despois,...bailamos sen parar!!!

Xardín de olores

Coa axuda de varias familias do cole, seguimos sementando no xardín de olores!!
Graciñas por vir axudarnos...así trabállase moito mellor!!